![]() |
Números reais. aproximacións. |
| Álxebra | |
| 16. APROXIMACIÓNS | |
|
Ao traballar con números decimais periódicos ou irracionais non podemos considerar todas as súas cifras. É necesario tomar aproximacións, considerando só un número finito de cifras decimais. Se o número aproximado que collemos é máis pequeno que o número orixinal é unha aproximación por defecto; se é maior, é unha aproximación por exceso. |
|
|
Pulsa o botón INICIO e verás exemplos de aproximacións por exceso e por defecto de números decimais. Co control orde podes elixir as cifras decimais. Copia no teu caderno polo menos tres aproximacións de cada caso. |
|
| 17. REDONDEO E TRUNCAMENTO. | |
|
Redondeo de orde n Para redondear un número decimal ata unha orde n póñense as cifras anteriores a esa orde. A cifra de orde n déixase como está se a cifra seguinte é menor que 5, e auméntase unha unidade se a cifra seguinte é maior ou igual que 5. |
|
|
Pulsa o botón INICIO e verás o redondeo dun número decimal. Pulsa o control orde para redondealo coas cifras decimais que desexes. Copia no teu caderno polo menos tres redondeos. |
|
|
Truncamento de orde n Para truncar un número decimal ata unha orde n póñense as cifras anteriores a esa orde inclusive, eliminando as demais. |
|
|
Pulsa o botón INICIO e verás o truncamento dun número decimal. Pulsa o control orde para redondealo coas cifras decimais que desexes. Copia no teu caderno polo menos tres exemplos. |
|
| 18. EXERCICIOS. |
|
Nesta escena vas realizar unha serie de exercicios sobre o que viches nesta páxina, pulsa o botón EXERCICIO mentres non che digan o contrario. |
|
|
| |
|
| Miguel Angel Cabezón Ochoa Traducción ao galego: Pedro A. Pazos García | |
![]() |
|
| © Ministerio de Educación e Ciencia. Ano 2004 | |