Números reais. aproximacións.
Álxebra

7. FRACCIÓN XERATRIZ.

Fracción xeratriz dun número decimal é a expresión fraccionaria do número decimal.

DECIMAL EXACTO

Escribimos no numerador o número sen a coma e no denominador escribimos o un seguido de tantos ceros como cifras decimais ten. Logo simplifícase a fracción.

Pulsa o botón INICIO e verás un exemplo de fracción xeratriz dun número decimal exacto.

Copia no teu caderno polo menos tres exemplos.


Decimal periódico puro

Escribimos no numerador a parte enteira seguida do período menos a parte enteira e no denominador escribimos tantos 9 como cifras ten o período. Logo simplifícase a fracción.

Pulsa o botón INICIO e verás un exemplo de fracción xeratriz dun número decimal periódico puro.

Copia no teu caderno polo menos tres exemplos.


Decimal periódico MIXTO

Escribimos no numerador a parte enteira seguida da parte decimal non periódica e do período menos a parte enteira seguida da parte decimal non periódica e no denominador escribimos tantos 9 como cifras ten o período seguido de tantos ceros como cifras ten a parte decimal non periódica. Logo simplifícase a fracción.


Pulsa o botón INICIO e verás un exemplo de fracción xeratriz dun número decimal periódico mixto.

Copia no teu caderno polo menos tres exemplos.


8. EXERCICIOS.

Pulsa o botón EXERCICIO para xerar unha expresión decimal. Debes buscar a fracción xeratriz. Falo no teu caderno, escribes o numerador da solución no control numerador e o denominador da solución no control denominador e pulsas o botón SOLUCIÓN para ver se o fixeches ben.


Números Racionais Indice Números Irracionais
Miguel Angel Cabezón Ochoa          Traducción ao galego: Pedro A. Pazos García
© Ministerio de Educación e Ciencia. Ano 2004