Números reais. aproximacións.
Álxebra

3. NÚMEROS RACIONAIS
Un número racional é unha fracción e todas os seus equivalentes.

Os números naturais e os números enteiros podémolos expresar en forma de fracción.

Pulsa os botóns par ver exemplos de fraccións equivalentes e de enteiros expresados en forma de fracción. Copia polo menos dous exemplos de cada tipo no teu caderno.


4. REPRESENTACIÓN DOS NÚMEROS RACIONAIS
Fracción con numerador menor que o denominador (Fracción Propia):

Divídese o segmento entre 0 e 1 en tantas partes iguais como indica o denominador e cóllense tantas como indica o numerador, se a fracción é negativa divídese o segmento entre -1 e 0.


Pulsa o botón INICIO e verás a representación dunha fracción con numerador máis pequeno que o denominador.

Copia polo menos dúas representacións distintas no teu caderno.

Fracción con numerador maior que o denominador (Fracción Impropia):

Escríbese a fracción na forma onde r é o resto da división de n entre d.

Divídese o segmento entre e e e+1 en tantas partes iguais como indica o denominador d e se collen tantas como indica o numerador r, se a fracción é negativa divídese o segmento entre -e e -e-1.

Pulsa o botón INICIO e verás a representación dunha fracción con numerador maior que o denominador.

Copia polo menos dúas representacións distintas no teu caderno.


4. EXERCICIOS

Representa no teu caderno as fraccións:.

Cando o remates podes comprobar se o fixeches ben coa escena, para iso introduce a fracción cos controis num e den e pulsa SOLUCIÓN


Tipos de números Indice Expresión decimal
Miguel Angel Cabezón Ochoa          Traducción ao galego: Pedro A. Pazos García
© Ministerio de Educación e Ciencia. Ano 2004