Múltiplos e divisores. Números primos
Álxebra

Os divisores dun número.
Os divisores dun número natural son os números naturais que lle poden dividir, resultando de cociente outro número natural e de resto 0.
Marca o número que queiras na xanela do control que está baixo a escea e preme intro, así aparecerán todos os divisores que ten ese número.

Tamén podes ir variando o valor do número utilizando os triángulos enriba e abaixo.
O número máis grande que podes marcar é o 10.000

Investiga:
1.- Toma nota da cantidade de divisores de cada un dos números do 0 ó 50
¿Cal é o número natural que ten maior cantidade de divisores? ¿Cantos divisores ten?
¿Cal é o número natural que ten menor cantidade de divisores? ¿Cantos divisores ten?
¿Cantos divisores ten un número primo?

2.- Define catro apartados para facer a clasificación dos números naturais según o número dos seus divisores, pon un número de exemplo de cada un deses apartados.

3.- Marca un número de 4 cifras, pulsa intro, co triángulo de enrriba vai aumentando de un en un o valor do número. Observa a disparidade de número de divisores que ten cada número. Anota o que observes.
¿Cres que un número grande é de agardar necesariamente que teña máis divisores? ¿De qué cres que depende?


       
  Autor: Eduardo Barbero Corral  Traducción ó galego: Edelmiro Gil Díaz e Jesús Castro López
 
© Ministerio de Educación, Política social e Deporte. Ano 2008