SEMELLANZA E TRIGONOMETRÍA 
Xeometría

21. SIGNO DAS RAZÓNS TRIGONOMÉTRICAS.

Na circunferencia goniométrica os segmentos que representan as razóns seno, coseno, tanxente e cotanxente indícannos tamén o signo destas razóns.

Como as razóns se calculan utilizando un punto do lado final do ángulo, resulta que o signo dunha razón permanece en cada cuadrante.

escena adaptada de Jesús Fernández Martín de los Santos

Actividade 39.- Utiliza a escena para completar a seguinte táboa de signos:
  seno coseno tanxente
Cuadrante 1º + + +
Cuadrante 2º + -  
Cuadrante 3º      
Cuadrante 4º      

22. RANGO DE VARIACIÓN DAS RAZÓNS TRIGONOMÉTRICAS.

Posto que as representacións gráficas do seno e do coseno se manteñen dentro da circunferencia goniométrica, a escena serve para comprobar que para calquera ángulo que consideremos, o valor do seno estará comprendido entre 1 e -1, é dicir non existen ángulos con seno maior que 1 nin ángulos con seno menor que -1. O mesmo podemos dicir do coseno.

Observa que á secante e a cosecante lles acontece o contrario, o seu valor absoluto non pode ser menor que 1. Isto é así porque son inversas do coseno e do seo respectivamente, pero a escena tamén o corrobora porque a súa representación gráfica nunca é menor que o radio da circunferencia goniométrica.

escena adaptada de Jesús Fernández Martín de los Santos

Actividade 40.- Descobre o rango de variación da tanxente e a  practicando con diversos valores para os ángulos.

Departamento de matemáticas do I.E.S. Pintor Colmeiro
© Ministerio de Educación, Política Social e Deporte. Ano 2008