A explicación de por que podemos
utilizar o triángulo rectángulo fundamental no canto dun calquera
témola na escena : dado un triángulo rectángulo calquera
cun ángulo agudo A, podemos obter un triángulo fundamental
semellante ao de partida cunha razón de semellanza 1/b.
No triángulo rectángulo fundamental:
sen A= |
cateto oposto
|
y |
cos A= |
cateto contiguo
|
x |
tan A= |
cateto oposto dividido por cateto contiguo |
y/x |
As seguintes fórmulas explican na escena
de arriba como debemos considerar as relacións trigonométricas en
cada un dos triángulos: como cociente de catetos no triángulo de
hipotenusa b, e simplemente como catetos no triángulo rectángulo
fundamental.
Para pasar das
lonxitudes dun triángulo rectángulo a outro bastará con multiplicar
pola razón de semellanza.
Unha consecuencia importante:
Tendo en conta que a hipotenusa é o
maior dos lados dun triángulo rectángulo, como o seno e o coseno son
os catetos dun triángulo rectángulo de hipotenusa 1, o seno e o
coseno serán sempre menores (ou iguais) que 1. |