O MUNDO DAS FUNCIÓNS DE NÚMEROS REÁIS
Análise
 

                                             EXPLORACIÓN INICIAL



É fundamental que comprendas que todos os procesos, fenómenos e actividades que nos rodean poden ser explicados en maior ou menor medida mediante expresións matemáticas e polo tanto ter unha representación gráfica. Na seguinte escea podes ir cambiando o valor "Escolla" e vas poder ver tres gráficas. A actividade consiste en buscar casos reáis que poidan vir representados por ditas gráficas.

Esta unidad interactiva requiere la máquina virtual de Java J2RE.
Os exemplos da escea anterior podenche axudar tamén a comprender outra cuestión importante: os modelos matemáticos non sempre coinciden totalmente coa realidade na que vivimos pero, ainda así, permiten explicala.

Supoño que xa tes mirado que a primeira gráfica da escea anterior pode explicar o espacio percorrido por unha persoa que vai camiñando a unha velocidade de 2km/h.

Evidentemente no mundo real no que vivimos non ten sentido que a función tome valores para tempos negativos.  Polo tanto é moi importante "adaptar" os modelos matemáticos e as súas solucións á realidade na que nos atopamos.




DOMINIO E PERCORRIDO DUNHA FUNCIÓN

Esta unidad interactiva requiere la máquina virtual de Java J2RE.
De seguro xa viches que o dominio é o conxunto de valores nos que podemos calcular a función. Para entendernos no dominio falamos dos x que podemos empregar. D(f)

Do mesmo xeito o percorrido ou imaxe é o conxunto de valores que toma a función, é dicir, que falamos dos valores de y, Im(f).

Neste caso a actividade a realizar é estudar e poñer no teu caderno todo o referente ós dominios e imaxes das funcións polinómicas, racionáis e logarítmicas.

Concretamente na escea, variando o valor de a, podes contrastar ou comprobar o que acontece para tres funcións concretas.

Tenta facer ti primeiro o estudo e logo comprobas si estás de acordo co resultado.

As funcións son f(x) = x-2,   f(x) = 2/x  e f(x) = log(x)

Para ver a solución vai cambiando o valor de a.


 


  Subir  
  Páxina seguinte  
           

  Francisco Varela Arís
 
© Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Año 2012
 
 

Licencia de Creative Commons
Os contidos desta unidade didáctica están baixo unha licencia de Creative Commons se non se indica o contrario.