Que inclinación da estrada indica este sinal?

Se investigaches un pouco verías que uns din que ese 10% é a pendente  matemática e outros defínena como pendente de tráficoSexa unha ou outra, a diferenza non é grande, o ángulo indicado será no primeiro caso atan(10/100)=5.71º e asen(10/100)=5.74º no segundo, e os problemas do noso coche para abordar esa pendente serán similares nos dous casos.

A diferenza entre a pendente matemática ou a de tráfico será máis significativa se un sinal lle indica a un alpinista que a inclinación da montaña que vai subir é do 75%.

A pendente matemática do 75% corresponde ao ángulo:
              atan(75/100)=36.86º

A pendente de tráfico do 75% corresponde ao ángulo:
             asen(75/100)=48.59º

Na escena, a hipotenusa do triángulo marrón mostra a pendente ao interpretar o % como tanxente e no triángulo azul,  interprétase o % como seno.
Varía a porcentaxe para observar a diferenza entre a pendente matemática e a pendente de tráfico.