|
Os
elementos fundamentais da xeometría plana son os puntos
e as rectas.
A liña recta é a máis
curta entre dous puntos.
Mediatriz
dun segmento é unha recta perpendicular a este segmento e que o divide en dúas partes iguais.
Dise que dous
puntos A e B son simétricos respecto dunha recta,
se esta recta é a mediatriz do segmento AB. |
Ángulo
é cada unha das dúas rexións en que dúas semirrectas coa
mesma orixe dividen ao plano. Os ángulos poden clasificarse
tendo en conta distintos criterios:
-
con relación
á súa amplitude: recto,raso, nulo;
-
en comparación
co ángulo recto: agudo, obtuso;
-
en comparación
co ángulo raso: cóncavo, convexo.
Ao dividir unha
circunferencia en 360 partes iguais obtense un grao.
Así, a circunferencia completa mide 360º, o ángulo recto mide
90º e o raso mide 180º.
Chámase bisectriz
dun ángulo á semirrecta que o divide en dúas partes iguais.
A suma
e a resta de ángulos realízanse sumando ou restando as amplitudes
de cada un deles. |