Manipular rectas e outros elementos relacionados con elas.
Coñecer os diferentes tipos de ángulos.
Coñecer as propiedades e relacións entre ángulos.
Medir e realizar operacións básicas con ángulos.
Utilizar recursos para resolver problemas sinxelos de xeometría
plana.
Investiga O billar é un xogo no que interveñen moitos dos elementos
da xeometría plana (puntos, rectas, ángulos, simetrías ...). Observa na escena da dereita como se pode calcular a traxectoria
correcta para darlle á bóla vermella rebotando antes nunha ou dúas
bandas.
Autor: José Luis Sacau Fontela
Autores da versión galega: Xosé Eixo Blanco, Cibrán Manuel Arxibai Queiruga, Xosé Anxo Fernández Alonso