5. Operacións con ángulos

División de ángulos.

A división dun ángulo por un número natural é unha operación que consiste en separar o ángulo en tantas partes iguais como nos indique o número.

  • A división realízase de forma analítica dividindo a amplitude do ángulo entre o número natural correspondente.

A división gráfica resulta máis complexa xa que non sempre se pode facer con regra e compás. Isto sucede, por exemplo, coa división dun ángulo en tres partes iguais (o famoso problema da trisección do ángulo), imposible para a maior parte dos ángulos.

En cambio, sempre é posible calcular a división dun ángulo en dúas partes iguais graficamente, o que xa fixemos cando aprendemos a trazar a bisectriz dun ángulo.

Esta unidad interactiva requiere la máquina virtual de Java J2RE.
anterior
seguinte