|
Sistema sexaxesimal
Para
medir a amplitude de ángulos con maior precisión utilízase o
sistema sexaxesimal.
Este sistema
consiste en dividir un grao en 60 partes iguais. A cada
unha destas divisións chamámola "minuto",
de maneira que cada grao contén 60 minutos. De igual forma,
cada minuto divídese en 60 partes iguais para obter un "segundo"
e obtemos a seguinte equivalencia:
1 grao = 60 minutos = 3.600 segundos
Utilizando este sistema de medida diremos, por exemplo, que a
amplitude dun ángulo é 25 graos, 31 minutos e 7 segundos, e escribirémolo así: 25º 31' 7''.
|
|