3.Ángulos. Clasificación e medida.

Medida de ángulos
Para medir a amplitude dun ángulo utilizaremos como unidade o grao, representado polo símbolo "º". Asignamos ao ángulo nulo unha amplitude de 0º e ao ángulo recto unha amplitude de 90º.

Dous ángulos rectos equivalen a un raso, que terá xa que logo unha amplitude de 180º. E catro ángulos rectos (ou dous rasos) ocupan todo o plano, e a súa amplitude será de 360º.
O resto de ángulos mediranse por comparación con estes.

Por exemplo, se dividimos un recto en dous ángulos iguais, obteremos dous ángulos de 45º. Se dividimos en cambio un recto en tres partes iguais, obteremos tres ángulos de 30º.


Se dividimos un círculo en 360 partes iguais obtemos a unidade de medida dos ángulos: o grao.

Esta unidad interactiva requiere la máquina virtual de Java J2RE.
anterior
seguinte