|
Definición de ángulo
Pensa
nun plano sen bordos, ou o que é o mesmo, ilimitado. Representa
un punto A e traza dúas semirrectas con orixe neste punto.
Chamaremos vértice ao punto A e lado a cada unha
das dúas semirrectas.
O
plano queda así dividido en dúas rexións que comparten o vértice
e os lados. Cada unha destas rexións chámase ángulo.
Resulta evidente que as dúas rexións poden ter distinto tamaño.
Chamaremos amplitude do ángulo ao tamaño de cada unha delas.
Atendendo a ela, identificaremos distintos tipos de ángulos, estableceremos
relacións entre eles e mediremos as amplitudes.
|
Chamamos ángulo a cada unha das dúas rexións
nas que queda dividido o plano ao trazar dúas semirrectas
coa mesma orixe.
|
|
|