|
Simetría.
Dada
unha recta e un punto C que non pertenza a ela, imos buscar
outro punto C' coa condición de que a recta sexa a mediatriz
do segmento CC'.
O punto C' así buscado chamarase simétrico de C
e a recta chamarase eixo de simetría.
"Clic" para ver
nun vídeo como se debuxa
Este tipo
de simetría denomínase reflexión e pódese aplicar
a calquera figura xeométrica. Para iso representamos os simétricos
de todos os vértices da figura orixinal e obtemos así outra
figura simétrica á primeira.
|
A reflexión produce figuras simétricas de forma similar
a como actúa un espello.
|
|
|