2. Mediatriz dun segmento.

Construción da mediatriz.
Imos construír a mediatriz dun segmento utilizando, como en casos anteriores, a regra e o compás.

  • Para iso representa dous puntos e traza o segmento que os une utilizando a regra.
  • Coloca o compás sobre un dos extremos do segmento e ábreo para que coincida co outro extremo. Traza así unha circunferencia. Fai a mesma operación apoiando o compás sobre o outro extremo.
  • Une agora os puntos onde se cortan as dúas circunferencias que acabas de trazar. O novo segmento é perpendicular ao inicial e se o prolongas obterás a recta mediatriz que buscabas.
Esta unidad interactiva requiere la máquina virtual de Java J2RE.
debuxar a mediatrizPreme para ver nun vídeo como se debuxa
anterior
seguinte