|
Paralelismo.
Sabemos
xa que dúas rectas son paralelas se non teñen ningún punto común
e, como consecuencia do seu famoso 5º postulado, Euclides
afirmou que por calquera punto exterior a unha recta pode trazarse
unha única recta paralela a ela.
|
Por calquera punto exterior a unha recta pódese trazar
unha única recta paralela a ela.
|
De acordo co
noso Euclides, o paralelismo é un dos conceptos
básicos da xeometría. Por este motivo, a xeometría que estamos
descubrindo recibe o nome de "xeometría euclídea".
|
|