|
Puntos e rectas.
Dentro do plano distinguimos dous elementos fundamentais, tal e como o fixo
Euclides, considerado como o primeiro gran matemático
da historia, nos definiu: o punto e a recta.
|
Punto: é o que non ten lonxitude nin anchura.
Recta: é o que ten lonxitude, pero non anchura.
|
Así, podemos identificar unha estrela como un punto no firmamento,
o ronsel deixado por un avión como unha recta, e o taboleiro da
nosa mesa de traballo como un plano. É
todo o que necesitamos para empezar a "facer xeometría".
|
|