3. Ecuacións
Resolución de problemas

Pódense resolver algúns problemas nos que se expón unha relación de igualdade mediante ecuacións. Por exemplo, vexamos o seguinte problema:

O dobre dun número menos  2 é igual a 8. De que número se trata?

▪ A incógnita é o número descoñecido: x

▪ Expresamos  mediante unha ecuación  a igualdade exposta no enunciado:

2x-2=8

▪ Resolvemos a ecuación:

2x = 8+2    →     2x = 10    →      x=10/2=5

▪ Comprobamos se a  solución  da  ecuación verifica as condicións do enunciado:

2·5-2=8

▪ Resposta: O número é 5.

Desta forma resolvemos un problema mediante a formulación e a resolución dunha ecuación.

Esta unidad interactiva requiere la máquina virtual de Java J2RE.

Preme para facer uns exercicios
no teu caderno
 
anterior
siguiente