Resolución
de ecuacións
Resolver
unha ecuación consiste en achar a súa solución.
Observa
como se procede para resolver a ecuación
7x
- 2 =5x + 4
▪
Realizamos unha transposición de termos pasando a un
membro todos os termos que conteñen a incógnita e ao
outro membro os que non a conteñen.
7x
- 5x = 4 + 2
▪
Efectuamos operacións
en cada un dos membros para reducir os termos
semellantes.
2x
= 6
▪
Despexamos a incógnita e calculamos a solución.
A
solución da ecuación
7x -2 =5x + 4 é
x =3.