Ecuacións
equivalentes
As
solución das ecuacións x+2=5 e x+7=10 é a mesma, 3. As
ecuacións que teñen a mesma solución denomínanse ecuacións
equivalentes.
Para
obter unha ecuación equivalente a unha dada utilízanse as
seguintes propiedades das igualdades:
a) Se sumamos
ou restamos un mesmo número ou unha mesma expresión alxébrica aos dous membros dunha ecuación obtemos outra
ecuación equivalente.
b) Se
multiplicamos ou dividimos os dous membros dunha
ecuación por un mesmo número diferente de cero obtemos outra
ecuación equivalente.
Por exemplo, para obter unha ecuación equivalente
a x+2=5 multiplicamos por 4 os dous membros:
4(x+2)=4·5 →
4x+8=20
Fíxate en que a ecuación obtida 4x+8=20 tamén
ten por solución 3.