Valor
numérico
As
expresións alxébricas indican operacións con números descoñecidos.
Por exemplo,
se un operario cobra 15 € polo desprazamento
e 20 € por cada hora, a expresión alxébrica
15 + 20x indica o importe que cobrará
por un número descoñecido x de horas de traballo.
E,
se queremos pescudar canto cobrará por traballar 2 horas
substituiremos x por 2. Observa:
15+20x
15+20·2=15+40=55
euros
Desta forma achamos o valor numérico de
15 + 20x para x = 2 e obtivemos 55.
|
O valor numérico dunha expresión alxébrica
é o número que se obtén ao substituír as letras
por números e realizar as operacións indicadas.
|