| Tradución
de enunciados
Como
viches a linguaxe alxébrica permite expresar operacións
con números descoñecidos.
Así,
pódese representar a suma de
dous números como x+y e o triplo da suma
de dous números como 3(x+y).
Desta forma realízase unha tradución de enunciados
a linguaxe alxébrica.
Así mesmo
mediante a traducción de enunciados pódense expresar números
descoñecidos en termos de outros.
Por
exemplo, se a idade de Xoán é x e Lola ten o
triplo da idade de Xoán máis catro anos, pódese expresar a idade de Lola como 3x+4
e se Pedro ten o
dobre da idade de Lola, pódese expresar a idade de Pedro
como 2(3x+4).
|