Aquí pode verse de que xeito calcula o titor alxébrico (o máis cómodo é facer clic nas operacións da árbore):
  • Non entende que é un número con signo máis. O signo + só significa sumar.
  • Se ten que restar dous números cuxo resultado será positivo, pois resta. Pero se o resultado é negativo, transforma a resta nunha suma.
  • Para multiplicar un número positivo por outro negativo, faino en dous pasos; primeiro multiplica os signos e a continuación os números. Pero se multiplica directamente se o número positivo é 1 ou o negativo é -1.
  • Non hai xeito de indicarlle unha división co símbolo ":". As divisións aparecen como fraccións.

 

Hai un modo chamado "clic e escribir" (moi parecido ao modo escribir) pero en moitas situacións, en especial con multiplicacións, dá por válido o resultado sen avisar do erro.
Hai un modo "automático" que fai todo o que se lle indica ben pero non ten gracia.
E queda este modo "clic ou arrastre" que pode servir pero sempre que as multiplicacións sexan por 1 ou por -1, e salvando outros problemas.