POR QUE PIDE AXUDA ESTA PERSOA QUE DI ESTAR  EN NÚMEROS VERMELLOS?

Imos contarche o seu problema, acaba de ver a súa cartilla de aforros:

Data

Concepto Importe Saldo
12-09-08 Nómina 1800 +1800
13-09-08 Recibo da auga -30 +1770
15-09-08 Recibo do móbil -40 +1730
16-09-08 Cartón crédito -100 +1630
17-09-08 Ingreso en efectivo 300 +1930
18-09-08 Caixeiro automático -200 +1730
19-09-08 Recibo moble -1500 +230
20-09-08 Recibo sofá -1000 -770
O saldo é o diñeiro que ten realmente no banco. 
Varía case cada día, depende dos pagos ou ingresos que tivo.

Cada vez que fai un ingreso (mete diñeiro) o banco suma esa cantidade ao que tiña.
Os ingresos considéranse números positivos.

Verás que cada vez que fai un cargo (gasta diñeiro) o banco  resta esa cantidade.

Que sucede o día 20 de outubro ? 

¡¡¡ gastou máis do que tiña !!!

Neste momento está en números vermellos,  é dicir  debe diñeiro ao banco.
Tamén se chama estar ao descuberto.

Coidado! Debe devolver ese diñeiro ao banco e ademais vaille a cobrar unha cantidade importante por iso.

Ademais podería incluíla nunha lista de morosos que podería darlle problemas máis adiante.