| Razón
entre dous números
Estamos
afeitos dar información sobre situacións da vida
cotiá usando números. Hai ocasións nas que un só
número non é suficiente e debemos comparalo con outra cantidade
para poder comprender mellor a situación.
Cando comparamos dúas cantidades formamos unha razón.
|
Razón é o cociente entre dous números a e b.
Escríbese a/b e lese a é a b.
Unha
razón non ten unidades e serve para comparar: indica o nº de veces que unha
cantidade é maior que outra. |
|
|