4. Probabilidade

Noción de probabilidade

Dise que un suceso A é máis probable que outro B se ao realizar o experimento moitas veces,  A ocorre significativamente máis veces que B.

A escena mostraranos a frecuencia relativa dalgúns sucesos ao tirar o dado. Tira o dado unhas 10 ou 20 veces e a continuación preme os botóns 1000 tiradas e 10000 tiradas.

Os posibles sucesos elementais ao tirar o dado teñen practicamente igual frecuencia relativa cando realizamos máis de 10000 tiradas. As frecuencias relativas non varían significativamente logo de realizar un gran número de tiradas.

Estarías de acordo, á vista dos resultados, en dicir que a probabilidade de sacar un 2 é 1/6?

A probabilidade mídese entre 0 (probabilidade do suceso imposible) e 1 ou 100% (probabilidade do suceso seguro).

Esta unidad interactiva requiere la máquina virtual de Java J2RE.

Esta unidad interactiva requiere la máquina virtual de Java J2RE. Preme para facer un exercicio
anterior
siguiente