1. Distribucións estatísticas

Variable, poboación e mostra

Se queremos saber canto camiñan diariamente os alumnos dun instituto, preguntarémoslles a todos (mostra exhaustiva) ou a algúns escolleitos por cursos (mostra estratificada) ou elixidos ao azar (mostra aleatoria). A poboación son todos os alumnos do instituto, a mostra está formada polos alumnos enquisados e a variable é a distancia que camiña cada alumno diariamente, que como se pode cuantificar diremos que é unha variable cuantitativa.

Cando se pretende saber cal é o programa de TV favorito entre os habitantes dunha nación, a poboación é a nación e a variable é cualitativa, pois non se expresa cunha cantidade numérica.

Esta unidad interactiva requiere la máquina virtual de Java J2RE.

Esta unidad interactiva requiere la máquina virtual de Java J2RE. Preme para facer uns exercicios
anterior
siguiente