| Da
gráfica á táboa
Na
escena aparecen os puntos dunha gráfica cartesiana.
Agora trátase, á inversa de antes, de construír a táboa de valores
correspondente a dita gráfica.
Proceso:
polo primeiro punto da gráfica (o de máis
á esquerda), trazamos unha paralela ao eixe
Y ata chegar ao eixe X e unha paralela
ao eixe X ata o eixe Y. Estas paralelas,
ao cortar con cada un dos eixes, darannos
os correspondentes valores X e Y (coordenadas)
dese punto. Anotamos os valores lidos na táboa
de valores e continuamos o proceso cos demais,
ata chegar ao último punto (o situado máis
cara á dereita).
|
|