|
Dille a un
amigo: "A miña calculadora está tola. Se escribo 123456789 e premo a
tecla +, o último 9 colócase ao principio". Antes de comprobalo,
sen que te vexan, fai o seguinte:
1) Preme a tecla CA
2) Teclea 788888889 (un sete, sete oitos e un nove)
3) Preme +
4) Preme 0
5) Preme a tecla CE
Xa
está lista a calculadora: cando alguén escriba 123456789 e prema
+ aparecerá en pantalla 912345678. Sabes o porqué?
O
experimento non se pode volver repetir a non ser que volvas preparala cos 5 pasos anteriores. |