|
Números naturais
• Hai dez
cifras ou díxitos para formar
os números. Cada cifra ten un valor dependendo da
posición que ocupe (no número 3588, a cifra
5 vale 500).
• Os números están ordenados e úsase o
símbolo < para menor que e > para maior que.
• Redondear un número é substituír
as súas últimas cifras por ceros pero observando a primeira
cifra que se substitúe por se hai que engadir unha unidade
á cifra anterior. |