5. A calculadora

Científica
É parecida á que está na imaxe da dereita. Escurecéronse as teclas que non se usarán. Para abrir esta calculadora preme sobre calculadora
A súa principal característica é que as operacións realízanse respectando a xerarquía das operacións. Ademais moitas teclas serven para realizar dúas ou máis accións. Para activar esa segunda acción hai que premer primeiro outra tecla (SHIFT ou unha tecla de certa cor). Nesta calculadora basta premer enriba. Ademais, nunhas calculadoras primeiro prémese o número e despois a acción (como nesta), e noutras primeiro a acción e despois o número.

  • A tecla √ serve para facer raíces cadradas e a tecla x2 para elevar ao cadrado.
  • A tecla AC borra todo o que se introduciu e a tecla SAC borra o que está na memoria.
  • A tecla xe serve para facer potencias e a tecla EXP indica en cantos ceros acaba o número. Por exemplo, se tecleas 8 EXP 3 = aparecerá 8000; ou se ves 34EXP10 significa 340000000000.

anterior
seguinte