2. Operacións

Multiplicación e división

A multiplicación dun número a, maior que 1, por outro b é a suma de a sumandos iguais ao número b. Exprésase axb ou a·b ; a e b chámanse factores.

PROPIEDADES:
   ▪ Conmutativa: a·b=b·a
   ▪ Asociativa: (a·b)·c=a·(b·c)=a·b·c

A división é a operación contraria á multiplicación e exprésase a:b ou a/b.

  • a:b=c significa que a=b·c;
    a é o dividendo, b o divisor e c o cociente.

Moitas veces a división non é exacta. Por exemplo, 45:8 non é unha división exacta porque 8·5=40 e 8·6=48; entón 45 entre 8 ten de cociente 5 e de resto 45−40=5.

Esta unidade interactiva require a máquina virtual de Java J2RE.
Preme para facer uns exercicios
anterior
seguinte