| Lectura
e escritura de números naturais
Primeiro sepáranse as cifras de tres en tres empezando pola dereita.
Despois lense de esquerda a dereita coma se fosen números
de tres cifras. E engádense as palabras mil, millóns,
billóns, trillóns,... onde corresponda.
|
Ata o número vinte sempre se escribe cunha soa palabra.
|
Segundo
indica a Real
Academia Española ao escribir números de máis
de catro cifras, agruparanse estas de tres en tres,
empezando pola dereita, e separando os grupos por espazos
en branco: 8 327 451 (e non por puntos ou comas). Os
números de catro cifras escríbense sen espazos de separación:
2458.
|
|