INFORMACIÓN XERAL > LER MÁIS (+)  
Título: Autocontrol baseado na APPCC en restauración
Descrición: Mediante un escenario virtual, que representa o proceso produtivo real duhna empresa de restauración, os alumnos poderán tomar decisións en cada un dos sub-procesos dependentes (aprovisionamento, boas prácticas de manipulación, limpeza e desinfección, transversal - mantenimento, control augas, control pragas e trazabilidade -) e analiza-los seus resultados
Palabras clave: APPCC/ prerrequisitos/boas prácticas de manipulación/factor de perigo/ limpeza e desinfección/ Seguridade alimentaria/ hixiene alimentaria
Disciplina: Seguridade Alimentaria
Tema/s: Autocontrol baseado na APPCC en restauración

Se desexa soporte técnico, por favor póñase en contacto a través do correo electrónico formacion@matchmind.es
 
 REQUERIMENTOS MÍNIMOS PARA A INSTALACIÓN DO SIMULADOR > AXUDA  
Sistema operativo: Windows 2000, Windows XP, ou Windows Vista con DirectX 8 ou superior instalado (incluÍdo)
Linux mediante o emulador axeitado
Mac OS mediante o emulador axeitado
Procesador: 1.5 GHz (XP), 2-GHz (Vista) 32-bit (x86) ou superior
Memoria RAM: 512 MB ou superior (recomendado 1 GB)
Tipo de tarxeta gráfica: NVIDIA GeForce 2 ou Geforce 3 ou Geforce 4 MX ou superior
ATI Radeon 8500, 9250 ou superior
Controlador Gráfico Intel 945 ou superior
Plugin ActiveX Feversoft-pocket-plugin (incluído)
Resolución: 1024 * 768
Observacións: Para mellora-lo rendimento da aplicación, débese ter instalada a última versión dos controladores da tarxeta gráfica (drivers). Para descarga-la última versión destes controladores, por favor, diríxase á páxina correspondente do fabricante da súa tarxeta gráfica (por exemplo,
http://www.nvidia.com/page/drivers.html, http://ati.amd.com/support/driver.html
http://downloadcenter.intel.com/).
En caso de non instala-la última versión do driver, é posible que o simulador non funcione correctamente ou o faga a un rendimento e velocidade non desexables
 

A seguridade alimentaria non pode garantirse co enfoque tradicional baseado na retirada de produtos ou alimentos de risco ou potencialmente nocivos.  esencial incidir na cadea alimentaria co obxectivo de asegura-la inocuidade dos alimentos desde a granxa ou o mar ata a mesa.

Esta presentación global de seguridade alimentaria implica que todos e cada un dos elos que interveñen na produción, elaboración, comercialización, distribución e servizo de alimentos, comparten a responsabilidade de que o produto alimentario é óptimo para o seu consumo. Sendo partícipes nesta responsabilidade as distintas Administracións.

Unhas boas prácticas de manipulación son as que nos van asegurar que o alimento é san e seguro, e debémolas aplicar desde a recepción de materias primas, pasando pola elaboración, ata o servizo ao consumidor do noso produto.

A ferramenta que nos vai axudar a mante-lo alimento nunhas condicións axeitadas é o Autocontrol baseado na APPCC (Análise de Perigos e Puntos de Control Crítico). Sistema, no que analizamos en cada fase (recepción, almacén, elaboración, etc.) que perigos existen en relación ao alimento e como os podemos evitar, ficando tódalas nosas accións rexistradas e documentadas.

Como fase previa á APPCC, é conveniente que a empresa estea a operar dacordo cunha serie de condicións e prácticas hixiénicas chamadas prerrequisitos que evitan a introdución de axentes perigosos, o aumento da carga microbiolóxica ou a acumulación de residuos e outros axentes nos alimentos.

Dentro dos prerrequisitos contémplanse catro: Aprovisionamento, Boas Prácticas de Manipulación, Limpeza e Desinfección e Transversal.

Ao acceder ao simulador, veremos en que consisten todos estes prerrequisitos, como inflúen na tua actividade laboral cotián, e que documentación conlevan.


Descargas dispoñibles:
Instrucións de instalación