|
PRÁCTICA 5: INFORME FINAL | |||||
PROFESORADO | ||||||
Nome: Andrés Piñón Fernández Centro: IES Salvador de Madariaga Localidade: A Coruña |
||||||
ALUMNADO | ||||||
Grupo: 3º de ESO C Alumnado: 19 alumnos e alumnas. Dos cales a terceira parte son repetidores ou promocinaron por imperativo legal. Nivel: heteroxéneo. Un terzo do alumnado ten un nivel bo, outro terzo un nivel medio e o terzo restante ten un retraso considerable e dificultades de aprendizaxe. |
||||||
OBXECTIVOS | ||||||
Introducir un cambio metodolóxico a través da utilización de unidades didácticas desenvolvidas con Descartes. Utilizar material interactivo e desenvolver un deseño de actividades novidoso para darlle un enfoque constructivista ao modelo de aprendizaxe procurando un aprendizaxe s ignificativo mediante a dedución, a elaboración e a expresión do propio coñecemento e a súa comunicación. Propiciar que o alumnado sexa o principal suxeito do proceso de aprendizaxe, superando o antigo modelo de transmisión e reproducción de coñecemento no que o profesorado tiña o papel principal. Aumentar a motivación do alumnado e favorecer unha actitude máis positiva cara o estudo Atender aos diferentes modos e ritmos de aprendizaxe do alumnado |
||||||
CONTIDOS MATEMÁTICOS | ||||||
Estudanse as dúas primeiras unidades do proxecto didáctco do departamento: Os números e a súa utilidade I e II. Na primeira pretendese asentar e reforzar os coñecementos sobres os números, os seus usos e a súa operativa. O obxectivo na segunda é a comprensión das diferentes formas de expresar os números,as súas operacións e a súa utilización. Tratase tamén a cuestión das aproximacións e da medida dos erros cometidos. Unidade 1. Os números e a súa utilidade I.1.1. Números enteiros Unidade II. Os números e a súa utilidade II. 2.1 Números decimais |
||||||
AULA DE COMPUTADORAS E FORMA DE USO | ||||||
A aula que se utilizou dispon de 17 computadoras con procesador AMD Athlon 64 X” Dual Core 5600+, 2 GB de RAM, 80 GB de disco duro, TFT de 17” con altofalantes incluídos. O sistema operativo é Windows XP SP3. Todos os ordenadores están conectados a rede do centro e teñen conexión directa a internet. Empregouse como navegador o Firefox 2.0. Incialmente os ordenadores estaban dispostos en U, coa mesa do profesor e un encerado na cuarta parede. Dúas semana antes do remate da experiencia o encargado da aula decidiu cambiar a disposición en poñer as computadoras en filas mirando ao encerado e á mesa do profesor. A aula utilizase para impartir a optativa de 4º de ESO e a informática de 1º de bacharelato, ademais tamén se utiliza para outras clases segundo un horario que está a disposición do profesorado. Isto motivou que a experimentación na aula só se puidese desenvolver durante tres sesións das catro sesións semanais. |
||||||
UNIDADES DIDÁCTICAS | ||||||
Para cubrir os
contidos utilizáronse actividades de varias unidades didácticas da web
Descartes, as que se accede seguindo as indicacións das folllas
de traballo. Pódese acceder ao contido completo desde
o seguinte enlace:
http://descartes.cnice.mec.es/eda2008/profesores/practicas_eda2008/alumnos/pfa_p3/unid_did.html |
Andrés Piñón Fernández | ||
© Ministerio de Educación, Política Social y Deporte. Año 2008 | ||