O PROTÓN |
||
No 1886, o físico alemán E. Goldstein realizou algúns experimentos cun tubo de raios catódicos co cátodo perforado. Observou uns raios que atravesaban ao cátodo en sentido contrario aos raios catódicos. Recibiron o nome de raios canais. O estudo destes raios determinou que estaban formados por partículas de carga positiva e que tiñan unha masa distinta segundo cal fora o gas que estaba encerrado no tubo. Isto aclarou que as partículas saían do gas e non do electrodo positivo. |
|
Ao experimentar con hidróxeno conseguiuse illar a partícula elemental positiva o protón, cuxa carga é a mesma que a do electrón pero positiva e a súa masa é 1837 veces maior. Na seguinte escena pode verse o experimento no cal se descubriron os raios canais:
|