O ELECTRÓN |
||
Ao estudar os fenómenos eléctricos chegouse á conclusión de que a teoría de Dalton era errónea e, polo tanto, debían existir partículas máis pequenas que o átomo, que serían as responsables do comportamento eléctrico da materia. No 1897, o físico británico J. J. Thomson realizou experiencias en tubos de descarga de gases, que eran tubos de vidro que contiñan un gas a moi baixa presión e un polo positivo (ánodo) e outro negativo (cátodo) por onde facíase pasar unha corrente eléctrica cunha elevada voltaxe. |
|
Thomson observou que se emitían uns raios desde o polo negativo cara ao positivo, chamounos raios catódicos. Ao estudar as partículas que formaban estes raios observouse que eran as mesmas sempre, calquera que fose o gas do interior do tubo. Por isto deduciuse que no interior de todos os átomos existen unha ou máis partículas con carga negativa e dóuselles o nome de electróns. Nesta escena pódese ver unha representación esquemática do experimento realizado co tubo de descarga de gases:
|
Tubo de descarga de gases |
|
|