O ÁTOMO É DIVISIBLE

Unha vez aceptada a teoría atómica da materia, os fenómenos de electrización e electrólises puxeron de manifesto, por un lado, a natureza eléctrica da materia e, polo outro, que o átomo era divisible, é dicir, que estaba formado por partículas máis pequenas que o propio átomo.

Os fenómenos eléctricos son unha manifestación da súa carga eléctrica.

Do mesmo modo que existen 2 tipos de fenómenos eléctricos (atracción e repulsión), admítese que as propiedades que posúen os corpos electrizados débense á presenza neles de 2 tipos de cargas eléctricas denominadas, de forma arbitraria, negativa e positiva.

 

 

 

Dous corpos que haxan adquirido unha carga do mesmo tipo repélense, mentres que si posúen carga de distinto tipo se atraen.

 

En xeral, a materia é electricamente neutra, é dicir, ten a mesma cantidade de cada tipo de carga. Cando adquire carga, tanto positiva como negativa, é porque ten máis cantidade dun tipo que de outro.

Volver á introdución


Autor:Joaquín Recio Miñarro