9. Volumes de esferas, cilindros e conos.

Xeometría

 


2. VOLUME DO CONO.

O cono é comparable a unha pirámide de moitos lados.
Sabemos que o volume dunha pirámide é un terzo do volume dun prisma da súa base e altura. Do mesmo xeito o volume dun cono é un terzo do volume dun cilindro que tivera a súa mesma base e altura.


O
volume dun cono é un terzo da área da base pola altura.

V = (1/3) ·
π · r2 · h

 

Move a regra dende os seus extremos.

Mide o raio en centímetros, márcao na súa fiestra e preme Intro.

Fai o
cálculo do volume do cono e márcao abaixo.
Para separar a parte enteira da decimal debes poñer punto en vez de coma.

Coloca as unidades correspondentes.


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  Unidade de Eduardo Barbero Corral traducida por Paula Blanco Mosquera

 

© Ministerio de Educación. Año 2006

 

 

Licencia de Creative Commons
Los contenidos de esta unidad didáctica están bajo una licencia de Creative Commons si no se indica lo contrario.