6. Áreas de prismas e pirámides.

Xeometría

 


4. SUPERFICIE DUNHA PIRÁMIDE RECTA DE BASE UN POLÍGONO REGULAR.

Esta é unha pirámide recta que ten de base un polígono regular.

A
área dun polígono regular calculase multiplicando o perímetro pola apotema e dividindo por 2.

As caras laterais son todas iguais. A apotema lateral é a altura do
triángulo dunha cara lateral.
A
área lateral desta pirámide calculase multiplicando o perímetro da base pola apotema lateral e dividindo por 2.

Para achar a superficie total dunha pirámide sumamos a superficie sa súa base e a superficie lateral.

  Esta unidad interactiva requiere la máquina virtual de Java J2RE.

Podes xirar a figura movendo o punto vermello. O que vaias a medir debe estar de fronte.

Move a regra dende os extremos: primeiro un e despois o outro.

Realiza as medidas en centímetros. Se o valor non é enteiro emprega unha cifra decimal. Para separar a parte enteira da decimal debes empregar o punto en vez da coma.

Anota cada medida na súa fiestra de arriba e preme Intro. Se é correcto aparecerá na escena.

Fai os cálculos necesarios para achar o perímetro da base, a superficie da base e a superficie lateral. Anótao tamén nas fiestras correspondentes de abaixo.

Coloca as unidades correspondentes en cada círculo amarelo.


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  Unidade de Eduardo Barbero Corral traducida por Paula Blanco Mosquera

 

© Ministerio de Educación. Año 2006

 

 

Licencia de Creative Commons
Los contenidos de esta unidad didáctica están bajo una licencia de Creative Commons si no se indica lo contrario.