PROXECTO EDA PRÁCTICA 5
Informe Final
Nome e apelidos do profesor
Antonio Fernández Barros
Centro
educativo
IES Concepción Arenal – Ferrol (A Coruña), centro público
dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de
Galicia, está situado no centro de Ferrol, é o máis antigo da cidade e durante tempo foi o único instituto.
No centro se imparte Ensinanza Secundaria Obligatoria (ESO), Bacharelato
en todas as súas modalidades, Bacharelato de adultos e
dous Ciclos Formativos da Rama Química: Ciclo Medio de Laboratorio e Ciclo
Superior de Química Ambiental.
A equipa directiva prestou a súa colaboración: permitiu a reserva
da aula de informática para o proceso de experimentación as horas que se lle
solicitaron.
Desde fai tres anos está incorporado a
rede de centros TIC o que redundou nun maior equipamento informático.
Grupo ou
grupos nos que se levou a cabo: Características, nivel, número de alumnos
A experimentación levouse a cabo con alumnos de 2º de Bacharelato.
O grupo ten 12 alumnos que se matricularon en Física.
Non tiven a opción de facelo noutros cursos xa que é a única Física que
imparto. Debido a que pensei que o desenvolvemento da unidade didáctica era
moito máis lento utilizando o método Newton, escollín unha unidade curta que
foi o movemento vibratorio harmónico que está incluida no programa dentro do
bloque de Ondas.
Todos
os alumnos teñen ordenador na casa e o utilizan habitualmente, están
familiarizados con Internet e con outras aplicacións informáticas. A totalidade
dos alumnos manifestan que prefiren traballar co ordenador na clase ainda que a
hora da verdade tres alumnos faltaron con frecuencia durante a experimentación
e outros dous funcionaron ao seu aire, xa que non entregaron as follas de
actividades.
Obxectivos da
experiencia
Motivar aos alumnos para o estudio da Física.
Promover a autonomía dos alumnos no aprendizaxe
utilizando o ordenador como ferramenta de traballo.
Utilizar a aula como elemento de experimentación
virtual.
Mellorar a adquisición de conceptos e facer que o
proceso sexa máis ameno.
Comprobar que as TIC melloran os métodos de aprendizaxe.
Cambiar a metodoloxía tradicional da clase de física
na que os alumnos/as se mostran pasivos por outra na que participan
activamente.
Contidos físicos estudiados
Movemento vibratorio harmónico simple. Magnitudes que caracterizan
un mas: elongación, amplitude, período, frecuencia e
pulsación. Características do MHS
Movemento vibratorio harmónico e movemento circular uniforme:
deducción da ecuación do movemento: x = f(t)
Cinemática do MHS: posición (x), velocidade (v) e aceleración
(a) (en función do tempo e en función da
posición). Valores máximos e mínimos. Gráficas de x, v e a fronte ao tempo (t)
Dinámica do MHS: forza necesaria para producir un movemento
harmónico simple. É conservativa a forza elástica?.
Período e frecuencia dun obxecto de masa m unido a un resorte de constante
elástica K.
Enerxía do MHS: energía cinética, energía potencial elástica e
energía total. Valores máximos e mínimos. Gráficas das energías anteriores en
función da posición.
Exemplos de MHS: péndulo simple (determinación experimental de g)
e resorte elástico (determinación da constante elástica dun resorte polos
métodos estático e dinámico).
Condicións da aula de ordenadores e
forma de uso
O centro ten tres aulas de Informática. O seu nivel de
ocupación é total ao longo da xornada
lectiva. Podo dispoñer de dúas horas semanales nunha delas.
Características dos
ordenadores
A aula de Informática ten 12 ordenadores DELL. Teñen instalado
Windows XP e Linux e como navegadores Internet Explorer e Mozilla Firefox.
as características dos ordenadores son as seguintes:
Procesador
Intel Core Duo 1,86 GHz
Memoria
RAM 1GB
Disco
Duro particionado (80GB+30 GB)
Lectora/Grabadora CD/DVD e 4 portos USB
Agrupamento dos
alumnos na aula
Ainda
que hai un ordenador para cada alumno, nas primeiras sesións penso agrupalos de
dous en dous para que poidan traballar en equipo e axudarse entre si. Posteriormente,
e se non hai fallos nos equipos, cada alumno estaría nun ordenador( debido a
petición de todos os alumnos, o traballo realizouse individualmente).
Distribución dos equipos
Os doce equipos están distribuidos en forma de U e
ademais a aula conta con outro ordenador igual aos anteriores que é o que
utiliza o profesor. Está conectado a un canón. Os alumnos, para ver a pantalla
teñen que xirarse, pero a disposición é boa para que o profesor poida ver o
traballo dos alumnos. De
todos xeitos, no oco da U hai cadeiras con brazo e os alumnos poden sentarse
para ver a pantalla de proxección e o encerado e polo tanto a aula nos permite:
canon de proxección nunha pantalla situada sobre o encerado, recollida da
pantalla para utilizar o encerado e cadeiras para os doce ordenadores.
Conectividade a Internet
Os ordenadores
están en rede e teñen conexión a Internet mediante liña ADSL de banda ancha.
En
cada ordenador haberá unha carpeta cos materiais que se van utilizar por se falla a conexión anterior.
Outros medios didácticos
Como se comentou con anterioridade, tanto na aula de
informática como na do grupo dispoñemos de ordenador e canón para explicar as
dúbidas que vaian surxindo.
Materiais de Newton utilizados
A unidade do proxecto Newton “El
Movimiento armónico simple” non se modificou.
http://recursostic.educacion.es/newton/web/materiales_didacticos/MAS/mas.html
Nembargantes, considerei oportuno ampliar
determinados contidos e elaborei unha presentación en PowerPoint que foi
entregada aos alumnos xuntamente coas fichas de traballo relativas aos
“applets” que se utilizaron. A presentación foi utilizada para explicar os
principais conceptos da unidade durante a experimentación, proceso previo á
realización das fichas por parte dos alumnos.
Está baseada nunha páxina excelente de J.
Villasuso que utilicei con bastante frecuencia.
http://teleformacion.edu.aytolacoruna.es/FISICA/document/fisicaInteractiva/mas/index.htm
As fichas de traballo están elaboradas a
partir de Newton e teñen moi poucas modificacións. Engadíronse ademais algunhas
da páxina de Villasuso e de Angael Franco García
http://www.sc.ehu.es/sbweb/fisica/dinamica/trabajo/pendulo/pendulo.htm
http://www.sc.ehu.es/sbweb/fisica/dinamica/trabajo/muelle/muelle.htm
Recursos auxiliares
Antes de empezar a
experimentar o Movemento Armónico Simple, adicamos varios días na aula do curso
para repasar aspectos básicos de cálculo vectorial, cinemática, dinámica e
traballo e energía (independientemente da experimentación é algo que facemos
todos os anos). Fixemos especial fincapé nos conceptos que máis necesitabamos
para o estudio posterior do movemento harmónico simple. Ademais, tendo en conta
que na aula hai un ordenador e un cañón, fixen algunha simulación do proxecto
Newton de 1º de Bacharelato para que os alumnos se familiarizasen co
funcionamento das unidades didácticas de Newton.
Descripción do desenvolvemento da experiencia
A experimentación empezámola o día 24 de
Novembro e rematou o 16 de Decembro; na temporalización da Práctica 1 falabamos
de 2 horas na aula de informática e outras dúas na aula do grupo, a verdade é
que dispuxemos de tres horas na aula de informática debido a amabilidade dun
compañeiro de matemáticas que me cedeu unha hora á semana en dita clase.
Ainda que inicialmente pensaba
en poñelos de dous en dous, os alumnos suxeriron na súa totalidade a
preferencia por unha disposición individual e polo tanto, un alumno en cada
ordenador.
GRUPO |
INICIO |
FINAL |
Nº ALUMNOS |
DISPOSICIÓN |
2ºD BACH |
25-11 |
16-12 |
12 |
Individual |
Na aula de informática que vou
utilizar hai doce ordenadores a utilizar polos alumnos, outro ordenador a
utilizar polo profesor máis cañón e pantalla; ten encerado e cadeiras con brazo
para escribir.
Todas as
sesións constaban dunha exposición teórica e doutra onde os
alumnos utilizaban o ordenador para cubrir as fichas de traballo
correspondentes (a maioría das veces applets do Proxecto Newton ou de Angel
Franco). En ocasións, como no estudio da fase inicial, foi necesaria unha
explicación máis detallada para tratar de que comprendesen ben este concepto
que sempre xera moitas dificultades para a maioría dos alumnos.
Diario de clase 2º D |
|
Día 1 |
Introducción ao MHS: definición das magnitudes que caracterizan o
movemento e relación das principias características do mesmo Corpo que describe un MHS(en horizontal e en vertical) para estudar o
significado das magnitudes anteriormente definidas |
Día 2 |
Cinemática do MAS: posición, velocidade e aceleración Gráficas das magnitudes anteriores en función do tempo |
Día 3 |
Movemento
harmónico simple e movemento circular uniforme: deducción da ecuación do
movemento e estudio do desfase Relación entre
MHS e MCU: un corpo real e un auxiliar
e un corpo real e dous auxiliares Estudio da fase inicial |
Día 4 |
Resolución de
cuestións e problemas seleccionados do libro de texto que inclúan, en
principio, aspectos cinemáticas: ecuación do movemento, valores máximos e
mínimos de velocidade e aceleración,… |
Día 5 |
Dinámica do MHS : a forza elástica e período ou frecuencia de
vibración dun corpo de masa m unido a un resorte elástico A forza
elástica: factores que inflúen no seu valor asi como valores máximos e
mínimos Estudio dos
factores que inflúen no período ou na frecuencia de vibración dun corpo de
masa m unido a un resorte elástico |
Día 6 |
Resolución de
cuestións e problemas seleccionados do libro de texto que inclúan, aspectos
cinemáticas e dinámicos |
Día 7 |
A enerxía no
MHS: enerxía cinética, enerxía potencial elástica e enerxía total neste
movemento. Gráficas destas magnitudes en función da posición Conservación da
enerxía no movemento harmónico simple Representación
gráfica das energías implicadas e estudio dos seus valores máximos e mínimos |
|
|
Diario de clase 2º D |
|
Día 8 |
Resolución de
cuestións e problemas seleccionados do libro de texto que inclúan, aspectos
cinemáticas, dinámicos e enerxéticos |
Día 9 |
Exemplo de MHS : o péndulo simple Estudio dos
factores dos que depende o período dun péndulo simple e determinación da
aceleración da gravidade |
Día 10 |
Exemplo de MHS : o resorte elástico Medida da constante elástica dun resorte polo método estático Medida da constante elástica dun resorte polo método dinámico |
|
|
Avaliación |
|
Día 11 |
Proba co ordenador onde
traballan unha ficha que engloba elongación, velocidade, aceleración, forza e
enerxía; estas magnitudes foron traballadas por separado noutras fichas |
Día 12 |
Test
onde tratamos de comprobar se se comprenderon os principais conceptos do MHS |
Alguns alumnos non entendían
ben os conceptos ou definicións que se expoñían na unidade. Estes feitos
motivaron que se intercalaran tres sesións na aula en forma tradicional. Nestas
sesións tratamos de clarificar
conceptos, definicións e explicado alguns exercicios que non terminaban de
entender.
Datos avaliación.
As
ferramentas para a avaliación serán, por unha banda, as follas de traballo dos
alumnos ( para realizar na aula de ordenadores, as
entregarán ao finalizar cada sesión e as volverán a recoller a sesión seguinte;
cando rematemos a unidade, se lles devolverán revisadas) e o seguimento do
traballo de clase.
Por outra, unha proba co ordenador onde repostaron a
distintas preguntas referentes a folla
de traballo que se indica e unha proba
test onde tratamos de comprobar se os alumnos adquiriron os pricipais
conceptos do movemento harmónico simple
(cambiouse o test inicialmente previsto pola avaliación do proxecto Newton).
Ainda
que o curso apuntaba ben, tres alumnos faltaron a bastantes sesións do
proxecto, dous máis presentaron fichas moi incompletas e do resto, tres
presentaron moi ben as fichas de traballo e os outros catro, bastante ben. Os
resultados da folla de traballo e da proba test indicaron resultados moi
similares.
Diante
dos resultados e tendo en conta os poucos alumnos que participaron é moi
dificil sacar conclusións importantes a pesares de que, repito, os alumnos
prefiren esta forma de desenvolver a unidade.
Utilidade dos materiais do proxecto Newton
como medio didáctico
Newton pode ser moi válido para traballar
algunhas unidades, variar a metodoloxía e intentar acadar una motivación maior
xa que os alumnos, en xeral, sempre están dispostos á utilización do ordenador.
Ademais, o alumno pode practicar na casa xa que lle resulta bastante fácil
aprender o seu manexo.
Valoración persoal do profesor, indicando en cada caso os aspectos
positivos e negativos.
Os
alumnos aprenderon a manexar rapidamente a ferramenta informática do proxecto Newton
e, agás os primeiros días onde había moitas preguntas, sabían o que tiñan que
facer (unha excepción foron as dúas fichas referidas á fase inicial; tiven que
explicalo con calma e ademais engadín
outra ficha de traballo cun applet de Anxel Franco)
O
proceso con Newton é máis lento pero as escenas, favorecen a visualización de
conceptos, axudan a unha mellor comprensión dos fenómenos físicos.
Tendo
en conta este aspecto, é decir, o tempo para desenvolver unha unidade con
Newton é bastante maior que polo método tradicional, entendo que,
metodoloxicamente, debemos utilizalos de forma complementaria
A experiencia a valoro de xeito moi positivo, xa que a motivación
dos alumnos é superior á clase tradicional. Con Newton dispoñemos ademais dunha ferramenta adecuada,
sempre que non sexan demasiados alumnos, para facer un seguimento máis
individualizado.
Debo
concluir que como vou a dispoñer da aula de informática para o resto do curso,
penso utilizala nos temas que quedan por dar, e non dunha forma esporádica, de
forma continuada..