Descartes

Informe Final

ÍNDICE
 

Introducción

Obxectivos

Contidos matemáticos

Unidades didácticas

Follas de traballo

Descripción do desenrolo da experiencia

Avaliación

Valoración persoal


Experimentación Didáctica na Aula
IES de Tomiño
INTRODUCCIÓN

Con esta experiencia puiden levar a cabo algo que fai anos que quería facer: poder traballar co alumnado utilizando de maneira moi significativa as TIC.

Ata este curso o inconvinte de ter que buscar a disposición do espazo ou preparar o equipo, e dicir, ter a miña disposición a aula de informática ou ben dispoñer dun canón e portátiles, fixo que as miñas experiencias con ordenadores na aula foran moi limitadas.

Este ano, gracias á realización deste curso, tiven reservada a aula de informática para utilizala en todas as clases que tiven co grupo de 3ºESO-C, polo que puiden probar moitos recursos que antes non usaba polos inconvintes mencionados.

A experimentación didáctica á que se refire este informe realizouse dende setembro ata decembro do ano 2009 no IES de Tomiño. Durante este tempo, o mencionado grupo de 3º de ESO - C, un grupo de 20 alumnos, realizou a experimentación co Descartes. Dito grupo presenta varios rapaces con bastantes dificultades, e nalgúns casos, cun baixo nivel de lectoescritura.

A aula de informática utilizada ten 15 equipos informáticos á disposición do alumnado e tamén 1 equipo pensado para o uso do profesor, ainda que tamén o podería utilizar un alumno de ser necesario. Todos os equipos teñen instalado Windows XP e OpenSuse 11 e o navegador Firefox.

A maior parte das horas de clase foron impartidas nesta aula de informática, aínda que de vez en cando aprendimos algúns conceptos na aula tradicional. Os exames fixémolos na aula tradicional pola dificultade de facerlle a 20 alumnos un exame nunha aula con 16 ordenadores.

Voltar ó índice

OBXECTIVOS

O obxectivo principal foi o de  utilizar a ferramenta Descartes e outras para aprender matemáticas dun xeito máis ameno, atractivo e motivador para o alumnado.

Tamén adaptar material xa elaborado ou ben crear material novo en Descartes e probar a súa eficacia na aula.

Unha das principais deficiencias nos alumnos con dificultades é a súa competencia lectora, polo que outro obxectivo foi o de potenciar a lectura gracias á forma de traballo que se realiza co Descartes.

Por último, conseguir que cada alumno poida traballar ó seu ritmo, de forma que os alumnos máis avanzados non teñan que esperar polos máis retrasados para aprender novos conceptos nin que os alumnos menos avanzados se perdan o non poder seguir o ritmo medio da aula.

Voltar ó índice

CONTIDOS MATEMÁTICOS

Os contidos matemáticos aprendidos foron os correspondentes á primeira avaliación de matemáticas de 3º de ESO, que son os do bloque de aritmética. É dicir, números naturais, enteiros, racionais, reais, notación científica, aproximación e erros, porcentaxes, progresións aritméticas e xeométricas.

Voltar ó índice

UNIDADES DIDÁCTICAS

As unidades didácticas coas que se traballaron foron as seguintes:

Operacións con números enteiros I.

Operacións con números enteiros II.

As fraccións. Operacións con fraccións.

Potencias.

A calculadora.

Fraccións e decimais.

Conxuntos de números.

Radicais.

Aproximacións e erros.

Porcentaxes.

Progresións aritméticas e xeométricas.

Voltar ó índice

FOLLAS DE TRABALLO

As follas de traballo utilizadas foron as seguintes:

Folla 1: Operacións con números enteiros I.

Folla 2: Operacións con números enteiros II.

Folla 3: As fraccións. Operacións con fraccións.

Folla 4: Potencias.

Folla 5: A calculadora.

Folla 6: Fraccións e decimais.

Folla 7: Conxuntos de números.

Folla 8: Radicais.

Folla 9: Aproximacións e erros.

Folla 10: Porcentaxes.

Folla 11: Progrexións aritméticas e xeométricas.

Voltar ó índice

DESCRIPCIÓN DO DESENROLO DA EXPERIENCIA

Comezamos o curso e a aplicación do proxecto de Experimentación co Descartes na Aula.

Os primeiros problemas aparecen porque a aula non está preparada para ser utilizada na primeira semana. Dado que tería que esperar varios días máis para poder traballar na aula coa versión actual do Descartes (para a cal necesito o plugin Descartes Web e non teño permisos de administrador), transformo as unidades didácticas para utilizalas da maneira antiga.

Tamén analizo a enquisa inicial que cubren os alumnos chegando a varias conclusións:

  • O grupo ten un nivel baixo pois máis da metade dos alumnos suspenderon matemáticas o ano pasado. O interese polas matemáticas tamén é baixo mentres que a motivación é media.

  • Os alumnos estudan moi poucas horas á semana. A principal actividade de ocio é a TV. Hai 5 alumnos que xogan moitas horas no ordenador, o resto moi pouco.

  • Case todos consideran importantes as matemáticas e os ordenadores.

  • 19 dos 20 alumnos teñen ordenador na case, e 15 con conexión a internet.


Os primeiros días os alumnos van tomando contacto coa nova metodoloxía. Dado que a primeira unidade é moi fácil, o principal problema está en acostumarse a ler as páxinas, entender o funcionamento das escenas e cubrir correctamente as follas de traballo. Os ritmos de traballo son moi diferentes entre uns alumnos e outros.

Cando comeza a unidade de fraccións, dado que varios exercicios ocupan bastante e os de representación fanse mellor en folla cuadriculada, pido que fagan certas actividades no seu caderno. Máis adiante, o ter que levar todas as libretas para correxir, decido que é mellor que fagan todos os exercicios nas follas de traballo, e no caso de necesitar máis espazo, que completen con folios.

Un dos 20 alumnos abandona o grupo pasando a un grupo de 2º de ESO, pois foi escolarizado erróneamente en 3º de ESO (curso que lle correspondería pola idade) tras vir de outro país. Os seus coñecementos son demasiado baixos como para permitirlle afrontar con posibilidades de éxito o curso. De feito, o rapaz estudou a primaria en Galicia repetindo un curso.

O comezar a unidade 5 sobre a calculadora algúns alumnos cambian de compañeiros ou comezan a traballar en solitario segundo o modeo de calculadora que teñan.

Co remate da unidade 5, chega un punto clave, o primeiro exame. Dado que hai máis alumnos que ordenadores, decido facer o exame da maneira tradicional, dado que para facelo co ordenador debería dividir os alumnos en dous grupos e facer o exame en varios días, ademáis de preparar as follas especiais para avaliar os alumnos e deseñar todo o procedemento.

O exame da uns resultados bastante malos, aínda que nos sorprenden demasiado vendo os múltiples erros que xa aparecían nas follas de traballo. Só logran unha nota superior ó 5 catro dos dezanove alumnos.


Dado que teño cada vez máis claramente identificados os alumnos que necesitan máis do apoio do profesor, podo centrarme máis nestes alumnos e adicar menos tempo a outros que poden traballar de maneira máis autónoma.

Empezo a detectar varios alumnos que van facendo o traballo totalmente a desgana, e hai que estar pendente de ditos alumnos para que se esforcen e vaian facendo as escenas.

Chega o segundo e último exame do trimestre. Os resultados son moi similares ós anteriores, e de feito aproban os mesmos alumnos que xa aprobaran o primeiro exame.

Os alumnos cubren a enquisa final que me permite sacar novas conclusións:

  • As instalacións resultan adecuadas. So un par de alumnos sinalan como inconvinte que algúns ordenadores etán demasiado xuntos.

  • En canto ó software, o peor foi a comprensión dos enunciados das actividades. Algúns din que as escenas foron difíciles de usar e outros o contrario.

  • En canto á metodoloxía, en xeral gustou, pero algúns alumnos a rechazan de maneira moi clara. O que máis botaban de menos foron as explicacións do profesor. Entre as vantaxes, a autonomía do alumno, que avise inmediatamente dos erros, que se poidan repetir moitas veces as actividades, e poder ir a un ritmo distinto ó dos compañeiros.

  • A actitude e bastante positiva na maioría dos casos, con un par de persoas neutras e catro moi negativas. A aprendizaxe no ordenador ten resultados similares.

Por último, na sesión de avaliación do grupo, podo deducir que os malos resultados (so 4 aprobados de 19 alumnos) non son debidos á metodoloxía utilizada, dado que ningún alumno aproba todas as materias, ningún suspende únicamente as matemáticas e 14 dos 19 alumnos suspenden 5 ou máis materias.

Voltar ó índice

AVALIACIÓN

A avaliación xa está comentada, en liñas xerais, no apartado anterior. Os resultados académicos foron malos, pero a nova metodoloxía utilizada non é a responsable, xa que os resultados foron igual de malos noutras materias. Por outro lado, o baixo nivel dos alumnos tamén explica estes malos resultados. De feito, 11 dos 20 alumnos xa suspenderan as matemáticas o curso pasado na primeira avaliación.

Hai algúns alumnos bastante descontentos coa metodoloxía, pero a maioría están satisfeitos. O número similar de alumnos repetiría a experiencia.

Voltar ó índice

VALORACIÓN PERSOAL

En xeral, estou satisfeito pola experimentación. En maior ou menor medida, todos os obxectivos plantexados foron acadados: puiden poñer en práctica o uso do Descartes para traballar as matemáticas cunha nova metodoloxía que poidera resultar máis amena e motivadora, e varios alumnos a recoñeceron como tal. Aproveitei para facer unha boa selección de materiais do Descartes, algúns dos cales foron simplemente traducidos, outros retocados e tamén creei materiais novos. Aínda que resultou duro para o alumnado, potenciouse a competencia lectora dado que a maior parte das explicacións foi por escrito. Tamén conseguir que cada alumno traballara ó seu ritmo, sen ter que esperar por compañeiros que necesitaban máis tempo ou ir demasiado rápido para seguir o ritmo medio. De todas formas, este punto foi un dos que plantexou máis dificultades, dado que os alumnos que ían a maior velocidade requerían material extra. Ás veces, resolvino pedíndolles que fixeran máis exercicios para reforzar máis o aprendido, mentres que outras veces, cando estaba claro que esto non era necesario, propúxenlles algunhas das páxinas do apartado miscelánea. O punto que quedou máis en entredito foi o da eficacia da ferramenta, dado que os resultados académicos foron bastante malos.
Despois de estes tres meses de traballo co Descartes, creo que a ferramenta pode resultar útil como metodoloxía alternativa á tradicional, tanto para traballar de maneira máis intensiva como o fixen nesta experimentación, como para facelo de maneira máis puntual traballando unha unidade didáctica ou ben como repaso ou reforzo de conceptos vistos na aula.

Aproveitando a disponibilidade da aula de informática, no resto do curso provarei estas outras dúas opcións. Verei algunha unidade máis co Descartes simultaneando co traballo coa metodoloxía máis tradicional na aula, e tamén utilizarei outras páxinas do Descartes para facer un repaso ou reforzo dos coñecementos aprendidos na aula.

Voltar ó índice

  Emilio Pazo Núñez
 
© Ministerio de Educación, Política Social y Deporte. Ano 2009
 
 

Licencia de Creative Commons
Os contidos desta unidade didáctica están baixo una licenza de Creative Commons se non se indica o contrario.