DATOS XERAIS
|
PROFESORA: Mª Isabel Hermida Rodríguez
CENTRO: C.P.I. "A Xunqueira", Fene
GRUPOS COS QUE SE LEVOU A CABO A EXPERIENCIA:
Dous grupos de
4º da ESO, nos que todos os alumnos están matriculados na
materia Matemáticas-opción B, con 19 alumnos en 4º A
e 16 en 4º B
Sexo |
Mulleres |
Homes |
49% |
51% |
Idade |
15 anos |
16 anos |
14% |
86% |
Nacionalidade |
Galegos |
Extranxeiros |
97% |
3% |
Todos eles dispoñen de ordenador na súa casa e de conexión a Internet
|
|
|
OBXECTIVOS DA EXPERIENCIA
|
Con respecto a min
- Aplicar o aprendido no curso Descartes básico
- Introducir as TIC na miña labor cotiá
- Deixar de ser a protagonista das clases, cambiando a
metodoloxía: en vez de explicar a materia, responder as
dúbidas que se presenten cando eles fagan os descubrimentos
- Motivar os meus compañeiros de departamento para que usen Descartes
|
Con respecto os alumn@s
- Motivar os rapaces, para que teñan unha actitude positiva fronte as matemáticas
- Transformalos en elementos activos no proceso da aprendizaxe
- Mellorar a súa capacidade de comprensión lectora
- Que sexan capaces de aprender dos seus erros
- Potenciar o traballo en equipo
- Acadar os obxectivos reflectidos na programación do departamento para os temas a tratar
- Mellorar o rendemento académico
|
|
CONTIDOS MATEMÁTICOS APRENDIDOS
|
Semellanza
- Semellanza de figuras
- Teorema de Tales
- Semellanza de triángulos
- Teoremas do cateto e da altura
- Aplicacións da semellanza en cálculo de distancias, áreas e volumes de figuras semellantes
|
Trigonometría
- Medida de ángulos
- Razóns trigonométricas directas de ángulos agudos
- Relacións entre as razóns trigonométricas
- Redución a ángulos do primeiro cuadrante
- Ángulos complementarios, suplementarios e opostos
- Aplicacións da trigonometría
|
AULA DE ORDENADORES
|
Condicións
A aula dispón de 13
ordenadores para os rapaces e un para o profesor; todos os
ordenadores dos alumnos foron instalados o curso pasado, son Dell con
procesador AMD 64 Athlon x2 e contan con lector-gravador de DVD, cun
monitor de 15" de pantalla plana, dous portos USB frontais; o do
profesor é un portátil Dell de características similares. O seu
sistema operativo é Windows XP, teñen instalados os navegadores
Explorer e Firefox; todos están bloqueados para que soamente o
administrador poda instalar novos programas. Todos están conectados
entre si a unha rede de aula. Dispoñemos de ADSL, con acceso é a
través dunha rede wi-fi exclusiva da aula, cunha velocidade
aceptable. O
ordenador do profesor está conectado a un canón que ten unha
pantalla situada xusto detrás da mesa do profesor, co que todos os
alumnos poden ver o que se fai nel, o que resultou moi útil para as
explicacións.
Forma de uso
No horario teño adxudicada a
aula de informática para tódalas sesións, que son tres semanais en
4º da ESO. Esta aula atópase o lado das aulas de 4º, o que
facilita o traslado dos rapaces. As sesións foron: en 4º A martes,
mércores e venres; en 4º B luns, martes e xoves, sempre a primeira
ou segunda hora da mañá.
Preferín que se distribuiran por parellas, primeiro porque
así tería
algún equipo dispoñible en caso de fallo (como deuse o
caso nunha ocasión), e segundo porque pensei
que poderíanse axudar en caso de dificultade. O certo é
que funcionoulles moi ben deste xeito e non tiven que separar a
ninguén. Aínda que contamos cunha boa conexión a
internet, falla as veces, polo que decidín instalar localmente
en cada equipo o Descartes e as unidades didácticas, para evitar
quedarnos sen traballar o día que non tivesemos conexión.
|
|
UNIDADES DIDÁCTICAS UTILIZADAS
|
As
unidades didácticas son adaptación das xa publicadas en
Descartes; o único que fixen foi ler materiais dos temas que
desexaba tratar e seleccionar aquelas partes que mellor se adaptaban o
que eu quería traballar cos alumnos e alumnas, traducindo todo o
material o galego e modificando algunha das escenas; o resultado son as
dúas unidades as que se pode acceder a continuación, nas
que detectei algúns pequenos erros o traballar con elas, pero
que non afectan os obxectivos didácticos. |
Semellanza
|
Trigonometría
|
RECURSOS AUXILIARES
|
Utilicei dúas presentacións en Impress,
-
unha para repasar básicos de ángulos e triángulos, que foi o primeiro que expuxen os rapaces
-
outra
para ver como se calculan as razóns trigonométricas dos
ángulos de 30º, 45º e 60º, que a expuxen a metade
do tema de trigonometría, antes de comezar coa reducción
de ángulos o 1º cuadrante.
|
|
|
DESENROLO DA EXPERIENCIA
|
Enquisa inicial
O 7 de outubro comecei a experimentación na aula,
facendo a enquisa inicial en 4º A, o día seguinte fágoa en 4º B,
lévalles 15 minutos e modifico algunha pregunta porque son relativas
o curso, e nos estamos aínda comezando, polo que pídolles que fagan
referencia sempre o curso anterior.
|
Proba inicial
O 9 de outubro en 4º A e o 13 outubro en 4º B realizaron a proba inicial. Os
resultados de dita proba non foron nada bos, parece como se ós
alumnos tiveran “formateado” o seu disco duro e comezaran o curso
coa memoria valeira. Tan so a superaron o 21% de 4ºA.
|
O 13 de outubro en 4º A e o 14 en 4º B comeza a experiencia.
Repaso algúns coñecementos previos de xeometría utilizando a
presentación de impress, reparto os cadernos de traballo, e fago unha
breve explicación de como acceder as unidades didácticas (hai unha
icona de acceso directo o índice no escritorio de cada posto), como
navegar polas páxinas web, como manexar as escenas e, en especial,
da importancia de ler detidamente os enunciados e seguir os pasos que
se indican tanto na páxina como no caderno de traballo. Vimos tamén
como localizar en internet as unidades didácticas, para que eles
poidan acceder dende as súas casas se o desexan, aínda que nos
traballaremos sempre en modo local. |
Caderno de traballo
Elaborei un caderno de traballo no que aparece exactamente
o mesmo que nas páxinas das unidades, agás as escenas, e
no que engadin exercicios para complementar o traballo e unhas
páxinas valeiras o final para que poidesen facer
anotacións. Neste caderno están reflectidos todos os
conceptos teóricos, para que no necesiten nada mais para estudar
a materia. Insistín moito que tiñan que traballar
simultáneamente coas páxinas Descartes e co caderno, para
que non se esqueceran de escribir os resultados e anotasen
conclusións. |
|
Semellanza
Comezan a utilizar eles sós o Descartes. Fan eles
sós a primeira páxina da unidade de semellanza, resúltalles
complicado traballar coa primeira escena, en especial porque soamente
é manipulativa, non teñen mais que mover os controis e observar,
sen anotar nada. Despois van facendo eles cada día unha
páxina, sempre de xeito autónomo. Aparecen pequenas dúbidas, a
maioría por non ter lido os enunciados. Lévalles 8 sesións facer
as 6 páxinas de semellanza, porque paráronse mais na páxina que
trata os teoremas do cateto e da altura.
Despois de ter feitas todas as
actividades correspondentes o tema de semellanza, eu corrixo coa
axuda do proxector e do encerado os exercicios do tema, durante tres
sesións. Aproveitamos para comentar as súas impresións sobre este
novo xeito de aprender matemáticas e dinme que lles gusta mais, pero
que séntense un pouco perdidos as veces, que non saben se o están a
facer ben, algúns piden volver a clase tradicional porque din que eu
explico mellor que o ordenador. Facemos unha proba desta unidade.
|
Trigonometría
Vistas as dificultades detectadas o tratar a
primeira unidade e a petición dos rapaces de que eu explique mais,
decidín cambiar a metodoloxía. Todos os días fixen unha
pequena explicación de como funcionan as escenas e de que cuestións
teóricas son importantes; de cada dúas páxinas corriximos os
exercicios, para que non quede todo para o final e parece que eles
séntense mellor e mais seguros do que fan.
Traballamos trigonometría
durante 10 sesións, en dúas delas eles traballaron totalmente sós,
pois tiven que faltar a dúas clases con cada grupo. Ademais intercalei unha presentación
feita co impress sobre o cálculo das razóns trigonométricas dos
ángulos de 30º, 45º e 60º.
Adicamoslle
dúas sesións na clase tradicional para resolver
dúbidas das dúas unidades e resolver problemas antes de
facer a proba de avaliación, na que incluo preguntas do tema dos
números reais, visto na clase tradicional, e das dúas
unidades vistas con Descartes.
|
|
|
DATOS AVALIACIÓN
|
Proba de semellanza
A proba tivo resultados dispares nos dous grupos: a superaron o 37% de
4º A e o 69% de 4º B, debido a que en 4º B preguntaron mais e
confiáronse menos; en 4º non prestaron moita atención as explicacións
complementarias, nin a corrección dos exercicios do caderno de
traballo, pero aprenderon a lección. A proba a fixen de xeito
tradicional (exame escrito), porque pareceme o mellor xeito de
comprobar con cada alumno a aprendizaxe acadada; elixín exercicios
similares aos vistos, pero non idénticos.
Proba final
Nesta proba os resultados foron lixeiramente mellores que na anterior
en 4º A, pois a superaron o37% dos alumnos, pero en
4ºB foi peor, cun 33% de aprobados. O
certo é que as cualificacións non foron moi baixas, tan
so catro alumnos tiveron unha cualificación inferior o 3,5.
Esta vez incluín algún exercicio do caderno de
traballo, que non todos souberon resolver, eso que os correxín
eu na pizarra, e a
primeira pregunta era sobre un tema visto na clase tradicional, e o
número de fallos foi tamén bastante elevado, co que non
se lle pode botar a culpa a nova metodoloxía senón mais
ben a falta de traballo dos rapaces na súa casa. |
Resultados da primeira avaliación
A hora de poñer a cualificación da
avaliación tiven en conta o ter feito o caderno de traballo, a
actitude na clase e o esforzo persoal, polo que algúns dos
suspensos "altos" transformáronse en aprobados "baixos", en
especial en 4º B, onde a actitude foi mellor, ainda que en 4º
A hai alumnos moi brillantes.
|
|
VALORACIÓN DOS ALUMNOS
|
RESULTADOS DA ENQUISA INICIAL
|
|
|
|
Os
alumnos cos que fixen a experiencia son en xeral, alumnos cuns
resultados académicos medios, hai alumnos moi brillantes e
tamén alumnos moi xustiños; tan só hai dous
repetidores. Aproximadamente a metade foron alumnos meus o curso
pasado, e moitos deles conseguiron pasar de curso moi xustiños,
o que se nota neste ano. |
|
|
A maioría mostra moi boa disposición para traballar co ordenador e lles parece unha boa ferramenta para aprender; as matemáticas non gustan demasiado pero son bastante valoradas; non teñen demasiadas ganas de aprender, pero non lles molesta demasiado vir o Colexio.
As materias que mais lles gustan son Inglés e Bioloxía, e as que menos son de "letras", Xeografía e
Historia e Lingua Castelá. |
|
|
Cara os seus ratos de ocio a maioría prefire practicar algún deporte,
43%, ou sair cos amigos ,20%, un 6% gústalle escoitar
música e tan só un 3% prefire ler; o 28% restante indica
outras actividades. O 54 % pasan mais
de 10 horas semanais cos amigos, resultando unha media semanal de 10,5
horas; adican case o mesmo tempo a ver a TV, 8,5 horas de media,
que a estudar, con 9 horas.
Os rapaces utilizan as novas tecnoloxías, pero dun xeito lúdico, de feito pasan unhas 7,5 horas semanais diante do ordenador fundamentalmente
con redes sociais e mensaxería instantánea ou xogando,
como moito sérvelles para facer algún traballo para o
cole, cortando e pegando directamente a información, sen
cuestionarse a súa veracidade, e dende logo non asocian o
ordenador nin a rede como unha ferramenta de traballo cara os seus
estudos; esta experiencia cambioulles o chip. |
RESULTADOS DA ENQUISA FINAL
|
|
Como
case todos os items teñen resposta pechada é
numérica (do 1 ó 5), o que fixen para resumir os
resultados das enquisas foi calcular a media de cada item; se
temos en conta que a puntuación mínima é 1 e a
máxima 5, podemos establecer que unha puntuación superior
o 2,5 supón un "aprobado" para ese item, e inferior un "suspenso". En cada grupo de preguntas comento as observacións mais salientables, aínda que en xeral non fixeron moitas, |
.
|
|
- O espacio da aula pareceuche adecuado
- O número de alumnos que traballástedes xuntos no teu ordenador foi adecuado
- O teu ordenador funcinou adecuadamente
- A visión da pantalla do monitor foi adecuada
- Atopácheste cómodo na clase?
|
- O navegador funcionou correctamente
- Foi fácil usar o navegador
- Foi fácil usar as escenas
- Liches as explicacións das páxinas
- Entendiches os enunciados das actividades
- As escenas víanse ben
- Entendiches o que había que facer en cada escena
|
Os equipos que usamos e
a aula "aproban con nota" según a valoración dos alumno;
nas observacións indican que na aula de informática fai
mais frío que na aula normal, e que os taburetes resultan moi
incómodos por non ter respaldo. |
A
valoración do software é tamén positiva, a
puntuación mais baixa é nos dous items relativos a
entender, xa sexa os enunciados ou os procesos a facer en cada escena.
Nas observacións, din que é mais laborioso que co libro
de texto ou que a profesora tería que explicar a materia antes
de traballar co Descartes. |
|
- Realizaches tódalas actividades propostas?
- Resolveches as dúbidas que che xurdiron?
- Usaches o caderno de traballo para coller apuntes?
- Usaches o caderno de traballo para escribir as conclusións das actividades?
|
O traballo foi sempre en parellas,
polo que axudábanse uns os outros. Mais do 80% realizou todas as
tarefas propostas e utilizou con regularidade o caderno de traballo, co
que todos traballaron mais que na clase tradicional; en xeral a
maioría resolveu case todas as dúbidas que se lles
presentaron. En canto o que botaron de menos durante as
prácticas un 55% respondeu que as explicacións na pizarra
da profesora, porque tiñan que esforzarse mais para comprender
os conceptos; pola contra un 27% respondeu que non botou nada de menos.
Con respecto o que mais lles gustou as respostas son diversas: "a novidade da experiencia", "o deixar a rutina", "experimentar coas escenas", "o poder traballar eu so" . |
|
|
- Gustouche usar o ordenador?
- Tiveches que consultar ó profesor?
- Viches ventaxas na aprendizaxe co ordenador?
- Viches inconvenientes á aprendizace co ordenador?
- Aprendiches os conceptos que traballaches?
- É mellor que a clase tradicional?
- Traballaches mellor que na clase tradicional?
- Gustaríache aprender as matemáticas con Descartes?
|
- Gustaríache usar o ordenador na clase de matemáticas con outros programas?
- Gustaríache usar o ordenador noutras clases?
- Gustaríache usar Descartes na túa casa para aprender matemáticas?
- Gustaríache usar Internet na túa casa para aprender as diferentes materias?
|
Nestes
dous bloques é onde a puntuación resulta mais baixa,
sobre todo porque os rapaces sinten que requeriu mais esforzo para eles
traballar deste xeito, e que na clase tradicional a profesora xa da os
conceptos moi traballados, eso vese na puntuación dos
items 6 e 7. Nas observacións critican "aprendín menos que na clase tradicional", "é moi complicado e estrésame", "gústame, pero coas explicacións da profe tamén", "non me parece un bo método", "non me axudou a aprender"; pero tamén hai observacións positivas: "gústame, pero coas explicacións da profe tamén", "gústame mais que a clase tradicional", "aprendín moitas cousas". |
Conclusión
Os rapaces/as sentíronse moi ilusionados cando comenteilles o
proxecto, durante o mes de setembro preguntaban de seguido cando
comezábamos na aula de informática, pero logo dun mes as
cousas xa non lles parecen tan ben. Para eles o ordenador é
sinónimo de xogo, tuenti ou messenger. Descubriron
que teñen que traballar mais, xa non é a profe a que
explica, senón que eles mesmos deben descubrir os resultados;
ademais deben seguir unha orde e escribir no caderno de traballo todas
as respostas, polo que non poden desconectar . Sei que algúns
preferirían volver a clase tradicional porque o novo
método exíselles mais esforzo, pero en xeral estiveron contentos coa experiencia. |
|
VALORACIÓN DA PROFESORA
|
Valoración do curso
Cando queres traballar na aula dun
xeito diferente a como estas a facer dende hai moitos anos,
necesitas un guión para saber que é o que tes que
planificar e como facelo. Neste curso atopei as pautas a seguir para
poder levar a práctica os coñecementos teóricos
aprendidos co curso de Descartes básico, pero o mesmo tempo coa
flexibilidade de poder elixir como facelo. Por exemplo, é
fundamental o papel do caderno de traballo dos alumnos/as (ou follas de
traballo), porque con el os rapaces teñen a obriga de traballar
con cada escena e ir practicando cos conceptos que aprenden, dende logo
isto é algo que a min non se me tivese ocorrido. É
flexible porque puiden elixir que temas vou traballar, se coloco as
páxinas Descartes localmente na aula de informática ou as
vemos dende internet; se estamos en todas as sesións na aula de
informática ou intercalamos sesións tradicionais.
Quero destacar a tranquilidade que da saber que tes un titor e
un asesor técnico que poden axudarte en calquera momento, polo que sintes que non estás soa na aventura. |
Valoración do traballo na aula
O primeiro é que non se pode improvisar, porque
aínda que leves todo planificado as veces non saen as cousas
como deberían: as páxinas teñen algún
pequeno erro no texto, as escenas fáltalles algún
botón. As dificultades que atopan os alumnos/as non son
técnicas nin de
deseño de páxina, senón dos propios conceptos
matemáticos, porque a maioría das dúbidas que me
formularon os rapaces foron por non ler os enunciados, non polo manexo
das
escenas. O comezo da experimentación deilles total
autonomía os rapaces, pero a medida que avanzábamos tiven
que irlles dirixindo porque eles mesmos así o pedían. A
motivación dalgúns diminúe o longo dos
días, sobre todo porque tiveron que traballar todo o tempo, non
poideron desconectar porque eu estiven pendente de seus monitores xa
que pola disposición dos postos de traballo puiden controlar
máis que nunha clase convencional. Os alumnos con máis
facilidades avanzaron máis rápido, e os outos case igual,
pero en xeral e moito máis lento que se utilizamos o
método tradicional, tendo en conta que co método normal
son eu a que marco o ritmo, e desta forma foron eles os que o marcaron.
|
Conclusións finais
A experiencia foi moi positiva
para min, perdínlle o medo a cambiar a metodoloxía, e os
coñecementos adquiridos polos alumnos foron os mesmos que en
cursos anteriores, cando empreguei a metodoloxía tradicional,
ademais os resultados da avaliación foron lixeiramente mellores
que outros anos para estes mesmos contidos. Dou por cumpridos todos os
obxectivos marcados o principio da experimentación, agás
o de motivar os meus compañeiros de departamento para que usen Descartes, pero seguirei intentándoo.
Seguro que non deixarei esquecido
o Descartes, aínda que non será o único
método de ensino das matemáticas que
empregarei, combinareno con explicacións no encerado ou con
presentacións.
|
|
Mª Isabel Hermida Rodíguez CPI "A Xunqueira" Fene
|
EDA 2009 |