Grupo e carácterísticas dos alumnos cos que se realizou a experiencia:
Como xa quedou
referenciado na anteriores prácticas, o grupo que
escollín para a realización desta experiencia foi un
2º ESO, en concreto 2º ESO E. Trátase dun grupo que
orixinalmente ( a comezos do curso) tiña 20 alumnos, pero xa
comezada a experiencia sufriu a incorporación dunha alumna que
proviña do sistema educativo velezolano, pero que por diversas
circunstancias personais non asistiu a un 80% das sesións da
experimentación.
Trátase dun grupo de alumnos dun nivel
académico medio e bastante heteroxéneo en canto a
inquietudes académicas, actitudes cara o estudo e o traballo...,
no grupo está escolarizado un alumno con Síndrome de
Dawn, completamente integrado e en certa medida colaborador e
participativo nas tarefas da aula e unha alumna cun gran desfase
curricular motivado por varias razóns. Estes dous alumnos
están traballando na aula os contidos de cadansúa
Adaptación Curricilar Significativa, polo que co gallo da
experimentación, manexamos diferentes aplicacións
informáticas cos contidos que eles estaban a traballar nese
momento, que non eran os de fraccións. A maiores, no grupo,
temos dous alumnos que se poderían ubicar en alumnos-non,
é dicir, alumnos que no día a día non queren
trabalar, non consigo motivalos coas diferentes extratexias que
seguón, non fan as tarefas mínimas esixibles tamén
para o resto dos seus compañeiros, non saben, non
contestan... Xunto con varias alumnas e alumno de moi boa
disposición e aptitudes cara a materia.
Obxectivos da experiencia:
Pois os sinalados na práctica 1: que poderían quedar resumidos en:
✗ Promove-la automomía dos alumnos na súa aprendizaxe.
✗ Promove-la atención
individualizada das alumnas e alumnos.
✗ Atender a diversidade dentro do grupo.
✗ Lograr unha actitude
máis positiva, se cabe, de cara a materia.
Contidos matemáticos aprendidos:
Os sinalados na práctica 4:
- Simplificación e Amplificación de fraccións,
- Comparación de fraccións,
- Operacións
con fraccións: suma, resta, multiplicación,
división, potenciación e radicación par,
- Prioridade das operacións,
Condicións da aula de ordenadores e forma de uso:
As referenciadas na práctica 1:
• Dispoñibilidade da aula: As catro sesións semanais.
• Características dos
ordenadores: Son 15 ordenadores co sistema operativo
Windows, os ordenadores están "conxelados" co cal
toda a información que se requira para posteriores sesión
s debe ser almacenada en soporte externo, ben na internet ou nunha
memoria exprtraible.
• Agrupamento do alumnado na aula:
Estarán
sentados de dous en dous, pois coido que deste xeito poden colaborar.
Deste xeito terei a 16 alumnos en ordenadores, os dous alumnos con
ACI estarán con cadanseu ordenador e outros tres
individuais, pois inicialmente así o prefiren. Finalmente
quedaron dispostos como indico a continuación: en grupos de
dous: 14 alumnos e alumnas (formando sete grupos), e individualmente o
resto, é dicir, sete alumnos. ( Tantos como grupos de dous :-) ).
• Distribución dos equipos:
Están en
forma de U coa mesa do profesor, canon proxector e encerado
na parte aberta. Todos os alumnos de costas ao centro.
• Conectividade a internet:
En todos os ordenadores.
• Outros medios didácticos:
Os mencionados anterirmente.
Unidade Didáctica Descartes:
Unidade didáctica de fraccións
Recursos auxiliares:
O caderno do alumno referenciado
nas prácticas anteriores e que foi empregado como guía
didáctica de todo o proceso por parte das alumnas e alumnos, nel
obtiñan as indicación e pasos a seguir, cando e como
continuar con cada escena, exercicios propostos para realizaren nas
escenas e un pequeno diario final onde eles anotaban os atrancos que se
atopaban e evolución dos mesmos ou ben simplemente anotaban que
fixeran ese día... como achegamento á necesaria
reflexión sobre o propio aprendizaxe.
As follas de traballo indicadas na práctica 3: boletín 1, boletín 2, boletín 3.
Que debían de realizar nas súas casas para entregar na
aula determinados días, para tentar homoxeneizar en certo grao,
e ao mesmo tempo medir, os diferentes ritmos e bondades de aprendizaxe
de cada alumna e alumno.
Descrición do desenrolo da experiencia:
Pois queda resumida na práctica anterior co resumo do diario da aula da práctica 4:
Previo ao comezo da experimentación
realizouse unha exhaustiva revisión posta a punto da aula de
informática instalando todos os plugins necesarios e instalando os
materias de EDAD en cada ordenador para poder traballar en modo local
para así non depender de posibles caídas da rede.
A continuación realizouse unha
explicación para o gran grupo, xa na aula de informática, facendo
uso do ordenador do profesor xunto coa proxección do mesmo mediante
un cañón. Así mesmo, eles seguían as explicacións comprobando o
funcionamento das aplicacións nos seus propios ordenadores.
Deste xeito, no primeiro día na aula
de ordenadores pódese guionizar como segue:
- Explicación
da experiencia da que ían formar parte.
- Presentación
dos obxectivos, tanto da experimentación como da UD que ían a
traballar.
- Realización
da enquisa inicial relativa experiencia.
- Explicación
pormenorizada do caderno-guía do alumno que previamente lle fora
entregada na súa aula días anteriores para que fosen botándolle
un ollo.
Deste
xeito presenteillelos materiais de Descartes cos que íamos a
traballar na aula, e como non hai mellor xeito que aprender que
aprender facendo, logo comezaron a cacharrear coa páxina de
fraccións para ver como funcionaban os botóns e para ir
interiorizando a estrutura da mesma.
O
día seguinte e os sucesivos ate o final da experimentación tiveron
a seguinte estrutura, salvo casos que comentarei de seguido:
- Eu
debía achegarme a súa aula de referencia para buscalos e
acompañalos ate a aula de informática. Feito este debido ao
funcionamento interno do centro que non permite a circulación de
alumnos sen profesor en horas de clase.
- Chegada
a aula de informática e acceso aos ordenadores.
- Traballo
individual ou en grupos de dous nos ordenadores.
- Comprobación
pola miña parte dos procesos realizados, ritmo de aprendizaxe,
resolución de dúbidas e varias chamadas de atención.
Cómpre,
cecais, facer notar que non realicei unha proba específica de
coñecementos previos, pois; primeiro: case todos os alumnos xa os
coñezo do curso anterior por darlles clase de matemáticas durante o
mesmo e, segundo: a realización dunha proba inicial xeral sobre a
materia que tamén contemplaba aspectos relacionados con esta UD.
Ao
comezar, ou ben ao finalizar cada clase, anotaba no meu caderno en
que parte da UD ía cada alumno ou alumna e que conceptos era bo que
volvese a revisar. En xeral, eles mesmos se daban conta da
necesidade, ben de regresar, ben de profundizar un anaco máis, ou
ben de poder avanzar sen problema.
O
material que seleccionei, seleccioneino precisamente por o que vou
comentar: está organizado de tal xeito que o primeiro que se atopan
é unha explicación do que van a facer nesa páxina, varios exemplos
máis ou menos explicados con detalle na mesma, e unha infinitude de
exercicios para practicar ese contido aos que acceden cando eles
consideren que poden facerse cargo deles. A alumna ten que
reflexionar sobre o que se está a tratar, explicarse o que queda no
“aire”, e comprobar se o que ela cree que funciona así realmente
funciona así. Practica e continúa.
Pero
claro, non todo era tan bo como eu vin á primeira vista. Que quero
dicir? Pois que o tema a estudar foi o de fraccións, e un dos
conceptos máis relevantes é o de fracción equivalente. Realmente é
o concepto profundo do tema pois estas son as que nos permiten o
manexo dos números racionais... Pois iso, creo (pois non o mirei na
programación do aplet de descartes) que a creación de exercicios
non ten en conta a manexabilidade das fracción creadas para
traballar con elas e claro, poden verse obrigados a manexar fracción
a hora de sumalas, multiplicalas... con numeradores e denominadores
que eu xulgo pouco aconsellables nesta idade.
Que
quero dicir, a ver se o aclaro, que aplicación os obriga “perder”
e adicar moita enerxía na simplificación de fraccións, e no
cálculo do mínimo común múltiplo para operar, non centrando así
a atención en precisamente iso: as operacións. Co cal creo que
perdes todo, non te fixas na equivalencia de fraccións, na
necesidade das mesmas para operar con elas, nos procesos que
involucran as operacións.... Xulgo que debería haber dous tipos de
exercicios na web (pois non sei que me da que pode ocorrer o mesmo co
resto de UUDD de EDAD.). Uns, chamados de nivel A para centrar a
atención no concepto a traballar, como pode ser a suma; e un nivel B
onde as fraccións que sumes sexan realmente complexas no manexo. Non
sei, creo que se podería facer unha reflexión sobre todo isto.
Fíxose
necesario a realización de postas en común, pois eran a maioría
que tiñan problemas cos problemas de fraccións traballados na UD.
Tamén coas operacións combinadas de fraccións que involucraban
fracións con varias operacións de fraccións como numerador e
denominador. Tamén foron os dous contidos máis complexos da UD.
Aínda así, varios non tiveron maior problema con case nada e
traballaron en xeral de xeito autónomo, a verdade é que foron
gañendo en autonomía segundo ía avanzando a UD.
Destacarei
en tantos guións como incidencias e aspectos destacables
acontecidos.
Incidencias e aspectos a destacar:
- Como
solución a unha parte do “problema” que se atoparon na
manexabilidade das fracción involucradas, e toda vez demostraron a
comprensión dos conceptos de fracción equivalente, e de
simplificación e amplificación de fraccións presenteilles, a
través do meu curso na aula virtual do instituto (á que podían
acceder dende a propia UD) a calculadora simbólica Wiris
para a obtención de fraccións equivalentes.
- Como
solución a outra parte do mesmo problema anterior, e tamén dende a
aula virtual manexaron unha aplicación para o cálculo
do mínimo común múltiplo de dous ou máis números de
Descartes.
- Resultoume
moi agradable e simpático, a comprobación do feito comentado por
profesores e profesoras que realizaron a experimentación en cursos
anteriores: alumnos e alumnas que normalmente teñen unha actitude
pasiva cara a materia e o traballo individual na aula ordinaria,
fixeron explicito máis de unha vez e en diferentes círculos que
lles estaba gustando o tema de fraccións pero... “Estou a
traballar moito, case prefiro estar na clase de sempre que traballo
moito menos”.
- Extraño,
pero creo que para nada ten que ver coa experimentación, foi que
soamente cinco alumnos dos 21 totais que conforman o grupo me
entregaron tres boletíns de exercicios moi sinxelos a data
indicada, un luns, despois de irllelo recordando durante todas as
sesións da semana anterior. Que empreguei para formarme un xuizo de
valor do traballado ate o momento. Decidín gratificar con un tercio
de punto de exame por cada boletín aos alumnos involucrados. Ao
seguinte día todos me entregaron os boletíns, claro que sen a
bonificación anterior.
- Todos
os equipos funcionaron correctamente, para iso o traballo previo a
levar aos alumnos á aula de informática.
- Resultou,
á postre, unha moi boa decisión o instalar en modo local a web,
pois dous días de decembro se caeu a rede no centro. Eles, seguiron
traballando con normalide. O notaron en parte, pois non accederon
durante eses dous días a wiris e a escea de descartes de múltiplos
e divisores.
- Grazas
a súa curiosidade, e a que realmente xa aprenderan algo, atopáronse
con varios erros na aplicación que daba como bos malos resultados e
como malos bos resultados.
- Facer
notar tamén o agradecemento ao profesorado do centro que me
facilitou, a total dispoñibilidade da aula de informática para
todas as sesións semanais, pois con ningún grupo dos tres que teño
de 2º ESO podería disfrutar de tal situación.
- Así
mesmo a total dispoñibilidade da equipa directiva do centro dándome
prioridade para a posta a apunto dos ordenadores da aula de
informática cando os meus coñecementos se quedaban curtos co apoio
da empresa que os xestiona no centro. Pois, antes se terían que
ocupar de outras eventualidades, pero grazas a preocupación da
equipa directiva se solventaron as miñas necesidades tan pronto
como o necesitei.
- Os
dous alumnos que disfrutan dunha adaptación curricular
significativa traballaron encantados coas aplicacións: "Para currar na aula de informática" (web do curso meu na aula virtual do IES Francisco Aguiar que permite a entrada como convidado), cando estaban na aula, coas
actividades que tiña preparadas de Jclic. Ningún dos dous
traballaba neste momento o concepto de fracción, nin con materiais Descartes.
- Houbo
dous grupos de dous alumnos que ían a un ritmo de traballo (non sei
si de aprendizaxe) sensiblemente máis rápido que o resto. Un dos
grupos, no que si era o ritmo de aprendizaxe máis rápido, por
momentos, quixeron e así fixeron, axudarme con resolución de
dúbidas ao resto de compañeiros.
- O
clima de traballo na aula foi moi similar ao da aula de traballo.
Pasados os primeiros días de novidade os roles de cada un volveron
a ser os de sempre. Unha vez foi requerida a saída da aula por un
par de minutos para reflexionar sobe o que estaba a facer dentro.
- Máis
de unha alumna e alumno me solicitaron a páxina para poder
traballar en modo local na casa, outros facíano na rede.
Rematada
a experimentación realicei a avaliación respectiva deste tema na
que tiven en conta o seguimento do caderno-guía aí como a
elaboración do propio caderno xunto cunha proba escrita. Tamén se
realizou a enquisa final requerida no curso.
Datos de avaliación:
Os datos recollidos ao longo das sesións no diario de clase
quedaron reflectidos no resumo do mesmo da práctica 4,
así mesmo comentei con anterioriade o fenómeno
extraño que se me deu ao non entregarme en data os tres
traballos requeridos nas respectivas follas de traballo, o que si cabe
sinalar é que (tamén debido ao seu carácter de
contido básico) que todos, os que entregaron tanto en data como
fora dela, estaban correctamente resoltos.
No referente aos resultados das enquisas iniciais comentar que:
- se
pode observar claramente que se trata dun grupo dun nivel
académico medio onde tamén hai cabida a alumnos e alumnas
dun nivel baixo así como alto, dito quedou anteriormente que
esta tamén foi unha das causas da súa escolla.
- Asemade, trátase dun grupo de cativas e cativos inquedos, cunha gran ilusión, en xeral, por aprender cousas novas -
temos alumnos que manifestan unha predilección pola asignatura
xa que nela se rnfrontan a problemas curiosos, alumnos que se divirten
coa materia... - e sobor de todo, alumnos con entusiasmo por empregar o ordenador no seu día a día académico.
- Observamos
tamén que lle conceden unha gran importancia a materia, e en
xeral a valoran en boa medida... Claro, teremos que fiarnos destas
respostas cando eles sabían que eu mesmo as ía recoller,
pero na confianza se ten que basar a eduación... non si?
- Todos
eles teñen manexado e manexan habitualmente o ordenador,
aínda que claro está, xeralmente para acceder as redes
sociais da internet para estar en contacto cos seus iguais, pero
coa introducción destas ferramentas no curricúlo
conséguese, ao meu xuizo, que observen tamén o ordenador
como unha moi potente ferramenta na que poder apoiar a súa
aprendizaxe.
Realizamos a experiencia: fomos tódalas sesións a aula de informática...
... E no referente aos resultados das enquisas finais podería resaltar quizas que:
- na
aula se sentiron, en xeral agusto e mantiveron a ilusión ate o
último día da experiencia, de ahí a cantidade de
observacións positivas realizadas no primeiro bloque de
cuestións, toda vez que un par de cativas, situadas nas esquinas
pechadas da U que formaban as mesas, se deberon sentir puntualmente
faltas de espazo;
- xunto
con outro cativo que parece ser, o curioso é non me tivese dito
nada antes ningún dos tres, apreciaba moi próximas as
pantallas da computadora.
- O
software tivo unha acollida xenial, incluso eles mesmos, como comentei
anteriormente, atpaban erros na súa programación e mo
facían saber.
- Traballon
en grupo ou individualmente a escolla deles mesmos, soamente, e por un
día, separei un grupo que se volveu a xuntar e traballar ban os
seguintes días.
- A
unha alumna fíxoselle tedioso o seguimento do
caderno-guía, en palabras textuais ( sorprendente por outra
banda, pois esta non é a linguaxe que eu obsevo, nin permito,
diariamente no trato con esta alumna) : "O caderno guía era un asco, porque te mareabas" en
fin, non sei moi ben a que se refire, non puiden, a día de hoxe
aclarar esta cuestión con ela. O que si notei, e se pode
comprobar, é que quizais incluín demasiado texto no mesmo
( Xa Xosé Eixo mo fixo notar antes de comezar a
experiementación, este será o momento para darllela
razón, aínda que claro está, ru faríao con
outras palabras!). Así e todo, ningún outro alumno se
queixou, a non ser polo baixo, do mesmo.
- Botaron,
máis de un, de menos ao profesor. E con isto non se pense que su
non estiven :-), se non que cecais lles día demasiada
autonomía para ser a primeira vez, quizais os soltei moi pronto
da man... este feito desenvolvereino máis na valoración
personal que farei á finalización desta epígrafe.
PArei tres veces para outras tantas explicación ao gran grupo...
pero claro, tamén botaron en falta outra dos momentos fermosos
da laboura de ensino-aprendizaxe: mancharse de xiz, en palabras dun alumno: "botei de menos sair á pizarra a correxir"
, non sei, pero xa o fun meditando durante a experimentación,
creo que o óptimo estaría (como sempre, esto sí
debe de ser unha máxima, un teorema... haberá que
profundizar na xeralización :-) ) nalgún punto medio.
É dicir: tentar que leven un mínimo ritmo de aprendizaxe
e realizar convintes sesións ao xeito de posta en común,
de valoración xeral: que aprendemos? que fixemos ate o de agora?
Deste xeito poder obter maior beneficio uns dos outros... Cómpre
pensar sobre isto!
- Todos
valoraron que si se pode aprender co ordenador, pero non todos o
fixeron como cabería esperar dos seus respectivos antecedentes
previos coa materia, aínda que en xeral, as calificacións
se mantiveron moi semellantes ás do primeiro exame,
nalgúns casos "baixaron" sensiblemente un anaco en
comparación co primeiro exame. Pero non creo que isto se lle
poida botar en cara ao ordenador. Situación que amoso na
seguinte táboa:
Alumnos/as |
A1 |
A2 |
A3 |
A4 |
A5 |
A6 |
A7 |
A8 |
A9 |
A10 |
A11 |
A12 |
A13 |
A14 |
A15 |
A16 |
A17 |
A18 |
A19 |
A20 |
A21 |
1º Exame |
7,85 |
7,50 |
4,40 |
-- |
4,95 |
4,25 |
4,90 |
1,25 |
5,30 |
2,25 |
6,45 |
7,75 |
---- |
1,25 |
7,35 |
3,75 |
5,70 |
5,70 |
5,35 |
7,35 |
5,25 |
2º Exame |
7,04 |
5,25 |
2,75 |
4,00 |
6,75 |
5,25 |
4,50 |
--- |
4,90 |
1,50 |
4,35 |
5,00 |
6,00 |
1,25 |
7,29 |
4,25 |
5,00 |
5,50 |
5,35 |
6,25 |
5,00 |
- Pero, para
ser honestos, creo que poderían ter sacado mellor proveito ao
tema, e non só na cualificación do exame que ten a
súa relativa importancia e sí a hora de ter
interiorizado, comprendido e exportado mellor certos conceptos tendo
realizado algunha posta en común máis que
para resolver dúbidas xeralizadas, a manexabilidade das
fraccións
empregadas... máis que nada tendo solucionado dito no punto anterior ao que comento os resultados dos exames.
- A verdade
é que eles o disfrutaron e así o reflectiron na enquisa
como tamén se pode entrever das respostas e valoracións
do último ou anteriores epígrafes.
Valoración personal:
Ah... pois en xeral
é moi positiva, a actitude das cativas e os cativos na aula, o
moito que traballaron día a día (feito este tamén
sinalizado anteriormente), o seu inerese por toto o que estaban a facer
e... finalemte as gañas que lles quedou de máis. Feito
que terá a súa recompensa, pero xa fora do marco desta
experimentación, pois as datas da mesma esto impoñen.
En canto á consecución dos obxectivos
iniciais, pois dicir que plenamente satisfeitos, dicir o contrario non
sería coherente co parágrafo inmediatamente anterior. Por
contra, sorprendeume o que xulgo baixo rendemento no exame por parte
dalgúns alumnos, feito que na xunta de avaliación do
grupo se viu relativizado por a comparativa coas outras materias e
resto do profesorado do grupo. Aínda así, supoño
que por mor da novidade, da primeira vez, da pouca manexabilidade das
fraccións... a aprendizaxe se víu un anaquiño
alterada. Asemade, a grandes rasgos, se acadaron, os obxectivos
matemáticos deste tema.
Outro aspesto a valorar, é que, cecais por
ser a primeira vez que traballaban de xeito tan autónomo se
toparon con maior dificultade da que eu xulgaba inicialmente. Para
ontra vez, con alumnado diferente, ou con outro tema máis
adiente co mesmo grupo, o proceso de "destete" debería ser
máis progresivo.
Habería, que tratar, pois igual non o fixen o
suficientemente ben neste aspecto, que ir apremiando mías aos
máis rezagados, para non chegar aos últimos días
antes do exame con presas... Esixir un maior traballo personal na casa,
pois o feito de non ter entregado as tarefas obrigatorias nas datas
requeridas puido verse influenciado por non "ter estado máis
enriba deles", claro, o proceso de independización por parte
deles debe ser máis progresivo, todo está relacionado co
anterior, non si?
Menos mal que os materiais de Descartes en xeral, e
os de EDAD e particular o teñen todo polo miúdo, para
traballar de xeito autónomo ( ou por contra, máis
guiado), pero o feito da responsabilidade que a propia alumna debe
adquerir coa súa aprendizaxe é un proceso de
maduración que ten que aínda moi traballado, tanto dende
a aula como dende a proia casa dos almnunos. Feito que tamén
favorece o poder traballar dende a casa cos materiais que traballan na
aula.
Agora, e a modo de conclusión de todo isto:
pois... estou plenamente convencido que o manexo na aula dos materiais
de Descartes, ben xa elaborados tal cual , ben modificados e adaptados
previamente ( ou coa inclusión dun caderno-guía), ou ben
feitos por nós, iniciden de xeito notable en todo o que ten que
ver co proceso de ir cara unha aprendizaxe autónoma por parte
das alumnas e alumnos. Permítenos a nos como prefesores atender
a máis alumnos que necesiten máis de nós...
en fin, que os seguiremos empregando entanto en canto a
dispoñibilidade da aula de ordenadores e a
dispoñibilidade do meu lecer o permitan.
Indicación sobre posibles cambios no deseño da Unidade
empregada ao ter observado dificultades durante a experiencia:
Neste epígrafe
soamente farei notar o dito na descrición do desenrolo da
experiencia no relativo ao uso de números, ao meu xuizo pouco
manexables que enturbian o camiño que se persegue. Xunto co
comentado nos tres últimos puntos do epígrafe " Datos de
avaliación" sobre o papel do profesor na aula de
informática.
E xa para dar por finalizado o presente discurso
dicir que... Que pracer foi ter formado parte desta curta pero intensa
experiencia!!! Grazas Xosé por non terme deixado abandonalo
barco ao comezo da travesía, ah... cantas veces me teño
lembrado de ter pensado non poder feito con isto e as outras tarfefas
nas que me vin involucrado paralelamente esta. Ao final púidose
facer, aínda que mellorable. Poderase repetir, pois seguirei
traballando algún tema máis e volverei, alo menos cun
tema de funcións para 2º ESO. E agardo que co resto dos
grupos... crucemos dedos para poder dispor de a lo menos o 75% das
sesións na aula de ordenadores ( 3 na aula de ordenadores, unha
na tradiciona - máis ou menos - . A ver se con isto soluciono
unha das observacións feitas anteriormente sobre aspectos a
mudar para outra...)
Todos cumplimos razonablemente, sí, os
obxectivos marcados ao inicio desta experiencia e... o que non é
menos importante: Todos disfrutamos, e todos aprenderon un anaco...
Porque: pódese traballar, pódese aprender, pero
tamén se pode facer o mesmo disfrutandoo!
Parafraseando a Claudi Alsina:
"También nosotros, profesorado de
matemáticas, tenemos derecho a hablar de ideales, y de amor y de
vida y de futuro y de colores, y de horizontes y de estrellas.
Nosotros no somos únicamente los portavoces de axiomas indiscutibles y verdades racionales.
Nosotros somos apasionados por las
matemáticas y por compartir esta pasión con los
demás.
Nosotros creamos ilusión y estímulo,
sorpresa y alegría desde la generosidad de nuestro decidido amor
por el progreso y la formación de las personas.
La matemática rigurosa se enseña con
la mente, la matemática hermosa se enseña con el
corazón."
Moitas grazas e boa sorte!
|
|