Juan Carlos Ares Rodríguez

IES Carlos Casares

Vigo

 

 

 

 

 

 

Proxecto Newton: Experimentación didáctica na aula.

Práctica 5

 

INFORME FINAL.

 

 

 

 

 

 

 

PROFESOR E CENTRO EDUCATIVO.

 

Juan Carlos Ares Rodríguez

IES Carlos Casares

Vigo

 

 

ALUMNADO.

 

NIVEL: Programa de Diversificación Curricular de 3º de ESO.

NÚMERO: 9 alumnos/as.

 

 

OBXECTIVOS.

 

-         Utilizar simulacións informáticas, interactivas ou non, que posibiliten ao alumnado:

o       A visualización e, por tanto, unha mellor comprensión dos modelos físico-químicos teóricos.

o       A experimentación interactiva que por diversos motivos non sempre é posible realizar no laboratorio e, aínda que sexa de forma virtual, da varias posibilidades desde o punto de vista pedagóxico:

§         Servir como punto de partida para a explicación de contidos conceptuais.

§         Utilizar como comprobación experimental de fenómenos físicos e químicos.

§         Realización de experiencias que non é factible levar a cabo na realidade, como por exemplo, a posta en órbita de satélites artificiais.

-         Favorecer a motivación e a curiosidade do alumnado cara á Física e Química.

-         Fomentar a lectura comprensiva.

-         Aumentar a autonomía do alumnado na súa aprendizaxe.

 

CONTIDOS DIDÁCTICOS.

 

UNIDADE DIDÁCTICA 1.- O CONCEPTO DE ÁTOMO.

1)     Primeiras ideas sobre a natureza da materia: de Demócrito a Dalton.

2)     Electricidade e materia: as partículas que forman o átomo.

3)     Modelos atómicos:

a.      Modelo atómico de Thompson.

b.      Experiencia e modelo nuclear de Rutherford.

c.      Modelo de Bohr: distribución dos electróns por niveis.

4)     Identificación dos átomos:

a.      Número másico e número atómico.

b.      Isótopos, elementos e ións. Masa atómica.

 

UNIDADE DIDÁCTICA 2.- O MOVEMENTO: MOVEMENTO RECTILÍNEO UNIFORME.

1)     Concepto de movemento: posición, traxectoria, distancia percorrida, desprazamento.

2)     Rapidez e velocidade.

3)     Tipos de movemento.

4)     Movemento rectilíneo uniforme: ecuacións e gráficas.

 

 

AULA DE INFORMÁTICA.

 

A experiencia levouse a cabo nunha aula de informática de uso xeral e na que se imparten clases de informática.

A aula dispón de vinte ordenadores incluíndo o do profesor, con conexión ADSL de alta velocidade e coa seguinte configuración:

Procesador

AMD 64 Athlon x2, Dual Cuore Processor 5600+, 2,81 GHz

Disco duro

120 Gb

Memoria RAM

2 Gb

Sistema operativo

Windows XP

Os ordenadores están distribuídos en forma de U, coas mesas colocadas ao longo de tres das paredes da aula. O ordenador do profesor xunto co encerado e a pantalla de proxección ocupan a cuarta parede.

A aula conta tamén co encerado, pantalla de proxección, canón de vídeo e o programa italc que permite ao profesor controlar desde o seu ordenador a actividade que está realizando cada alumno así como a conexión a Internet.

 

 

MÉTODO DE TRABALLO.

 

Ensaiáronse dúas metodoloxías diferentes:

 

UNIDADE DIDÁCTICA 1.- O CONCEPTO DE ÁTOMO:

Nesta unidade didáctica déuselle ao alumnado maior autonomía cara a súa aprendizaxe.

·        Cada alumno, individualmente, seguiu un guión no que se describe detalladamente as tarefas que debe levar a cabo no ordenador e no seu caderno.

·        O profesor prestou axuda en cada momento na resolución das dúbidas e os problemas de comprensión que xurdan.

·        Cada dous ou tres parágrafos estudados, fíxose unha posta en común do aprendido entre todos os alumnos, dirixida polo profesor, tratando de facer fincapé nas cuestións máis importantes.

 

UNIDADE DIDÁCTICA 2.- O MOVEMENTO: MOVEMENTO RECTILÍNEO UNIFORME.

Para esta unidade didáctica elixiuse un procedemento máis dirixido polo profesor.

·        O desenvolvemento da unidade fíxose a través dunha presentación tipo PowerPoint, buscando en todo momento a participación do alumnado, formulándolle preguntas e propoñéndolle situacións para introducir os conceptos básicos do movemento: traxectoria, desprazamento, distancia percorrida, velocidade ...

·        Deducíronse as ecuacións e as gráficas do MRU a través de escenas interactivas.

·        Igual que na primeira unidade didáctica o alumno tivo que recoller no seu caderno os conceptos e realizar as actividades correspondentes.

 

 

MATERIAIS EMPREGADOS.

 

Os materiais empregados poden atoparse na dirección de internet:

http://descartes.cnice.mec.es/eda2008/profesores_newton/practicas_newton/p3/eda2008_newton/carlos_ares/curso_newton/carpeta_principal/portada/index.html

Mediante o programa ediNewton realizouse unha páxina web cun menú para dar acceso aos materiais pedagóxicos que compoñen as dúas unidades didácticas elaboradas.

Para coñecer a opinión do alumnado sobre o uso do ordenador como ferramenta de aprendizaxe e de estudo da física e a química, antes e despois do desenvolvemento da experiencia, utilizáronse os modelos de enquisa elaborados polos responsables do curso EDA 2008. Na enquisa final engadíronse algunhas preguntas co obxectivo de obter a valoración do grupo sobre o diferente método de traballo empregado en cada unidade didáctica.

En cada unha das unidades didácticas ensaiadas realizouse por escrito unha avaliación inicial, unha relación de exercicios de recompilación e unha avaliación final.

Finalmente, debido ao diferente método utilizado, preparáronse distintos materiais para cada unidade didáctica:

 

UNIDADE DIDÁCTICA 1.- O CONCEPTO DE ÁTOMO.

Utilizouse a unidade didáctica do proxecto Newton titulada “El átomo”, realizada por Joaquín Recio Miñarro e localizada na seguinte dirección de internet:

http://newton.cnice.mec.es/3eso/el_atomo/index.html

Desta unidade empregáronse, sen cambios, a maioría das súas escenas interactivas e a autoavaliación, pero modificáronse parte dos seus contidos ademais da súa presentación, resaltando textos, incluíndo novas imaxes e gif’s animados, etc.

Para o desenvolvemento da unidade elaborouse un guión con instrucións detalladas sobre as tarefas e actividades prácticas que cada alumno tivo que realizar no ordenador e no seu caderno.

 

UNIDADE DIDÁCTICA 2.- O MOVEMENTO: MOVEMENTO RECTILÍNEO UNIFORME.

Neste caso elaborouse unha presentación en PowerPoint que, dirixida polo profesor, foi o fío condutor no desenvolvemento da unidade.

Utilizáronse algunhas escenas interactivas do proxecto Newton:

http://newton.cnice.mec.es/4eso/mru/rect12.htm?0&1

http://newton.cnice.mec.es/4eso/mru/rect21.htm?1&0

http://newton.cnice.mec.es/4eso/mru/rect22.htm?1&1

Tamén se utilizou unha escena interactiva non incluída no proxecto Newton, localizada na seguinte dirección de internet:

http://www.colegioheidelberg.com/deps/fisicaquimica/index.htm

 

 

DESENVOLVEMENTO.

 

Antes de comezar coas sesións de traballo explicouse ao alumnado en que consistía o proxecto Newton.

 

UNIDADE DIDÁCTICA 1.- O CONCEPTO DE ÁTOMO.

A unidade didáctica desenvolveuse da seguinte maneira:

Ø      Primeira sesión na aula de informática:

Durante a primeira sesión o alumnado realizou a enquisa inicial e a avaliación dos coñecementos previos sobre o tema. Dos resultados destas probas e do traballo realizado ata o momento con este grupo, conclúese que:

·        O alumnado manéxase ben no uso do ordenador.

·        Os coñecementos previos sobre o tema son moi escasos e confusos, polo que se debe partir de cero.

Ø      Seis períodos lectivos na aula de informática onde o alumnado seguiu o método exposto anteriormente.

Ø      Dous períodos lectivos na aula do grupo onde se realizaron exercicios de recompilación por escrito.

Ø      Un período lectivo para a realización dunha proba escrita.

A partir do desenvolvemento desta unidade didáctica, pódense facer as seguintes observacións:

·        O alumnado amosou desde o principio, e durante todo o proceso, unha boa disposición e motivación para utilizar a informática como ferramenta de traballo.

·        O alumnado seguiu, sen poñer obxeccións, as instrucións recollidas no guión de traballo, lendo, ensaiando coas escenas interactivas segundo se lles indicou e realizando no seu caderno as actividades prácticas propostas.

·        Aínda que cada alumno e alumna dispuxo na aula de informática dun posto individual de traballo, houbo colaboración entre eles para resolver dúbidas e superar dificultades. Asemade, esta colaboración estendeuse á resolución por escrito dos exercicios de recompilación.

·        Unha dificultade a ter en conta, foi a existencia dentro do grupo de diferentes ritmos de aprendizaxe, pois implicou moita atención do profesor cara os alumnos con máis dificultades. Se se considera que o grupo estaba formado por só nove alumnos con gran motivación, este aspecto ten que ser determinante en grupos máis numerosos, onde ademais o interese non será tan xeneralizado.

·        Cada certo tempo, foi imprescindible facer unha recompilación do aprendido entre todos os alumnos, dirixida polo profesor, explicando determinados conceptos que non se conseguiron comprender ben, resaltando as consecuencias e conclusións máis importantes e corrixindo as actividades prácticas propostas no guión de traballo.

·        Finalmente, houbo conceptos de especial dificultade de compresión, como o de masa atómica, que tiveron que ser explicados desde un primeiro momento polo profesor.

·        A unidade didáctica desenvolveuse con maior lentitude do previsto, polo que foron necesarios tres períodos lectivos máis dos programados, incluíndo as sesións de avaliación inicial e final.

 

UNIDADE DIDÁCTICA 2.- O MOVEMENTO: MOVEMENTO RECTILÍNEO UNIFORME.

Esta unidade didáctica desenvolveuse como sigue:

Ø      Empregáronse catro períodos lectivos na aula de informática, onde o alumnado seguiu o método exposto anteriormente.

Previamente, o alumnado realizou a avaliación dos coñecementos previos sobre o tema. Os resultados indicaron, igual que na primeira unidade didáctica, uns coñecementos previos sobre o tema moi escasos e confusos, sendo obrigado partir de cero.

Ø      Dous períodos lectivos na aula do grupo onde se realizaron exercicios por escrito no caderno.

Ø      Un período lectivo para a realización dunha proba escrita.

Ø      Ao remate da experiencia o alumnado realizou a enquisa final.

Durante o desenvolvemento da unidade fixéronse algúns cambios en relación cos elementos interactivos propostos na programación:

§         Para deducir as ecuacións e as gráficas do movemento partiuse dunha escena interactiva que se pode utilizar como práctica virtual de laboratorio para obter datos de posición e tempo nun movemento rectilíneo e uniforme. Como xa se mencionou anteriormente, esta escena está localizada no seguinte enlace:

http://www.colegioheidelberg.com/deps/fisicaquimica/index.htm

§         Das escenas interactivas propostas traballouse unicamente coa seguinte:

     A partir desta escena os alumnos e alumnas obtiveron datos de posición e tempo, variando as velocidades dos móbiles e as súas posicións iniciais. Representaron no seu caderno as gráficas correspondentes e sacaron conclusións da forma das gráficas obtidas: pendente das rectas, ordenada na orixe, punto de corte das rectas...

§         As outras dúas escenas interactivas propostas utilizáronse unicamente de xeito cualitativo.

Durante realización desta unidade didáctica, observouse o seguinte:

·        Igual que na unidade didáctica anterior, o alumnado amosou desde o principio, e durante todo o proceso, unha boa disposición e motivación.

·        Durante a presentación dos conceptos básicos e magnitudes do movemento, o alumnado participou tratando de comprender por qué son necesarias unhas determinadas magnitudes para caracterizar o movemento e o seu significado.

·        O alumnado recolleu en todo momento os conceptos básicos e as actividades prácticas no seu caderno de clase.

·        A obtención das gráficas a partir das escenas interactivas non supuxo ningún problema para a maioría dos alumnos.

·        Á hora de analizar as gráficas obtidas, houbo alumnos que con pequenas orientacións chegaron a conclusións acertadas, mentres que os alumnos con máis dificultades de aprendizaxe necesitaron, como era de esperar, axudas moi dirixidas.

·        O tempo de realización da unidade didáctica aproximouse á temporalización programada.

 

 

AVALIACIÓN

 

RESULTADOS DAS ENQUISAS.

 

Enquisa inicial.

Alumno/a

1

2

3

4

5

6

Media

Motivación (1=nada; 2=pouco; 3=bastante, 4=moito)

Gústache vir ao instituto?

2

3

2

3

2

3

2,5

Gústache estudar?

2

2

2

2

1

2

1,8

Gústache a Física ?

2

2

2

4

2

3

2,5

Gústache traballar en grupo?

3

3

4

4

4

3

3,5

Gustaríache traballar en clase co ordenador?

3

3

4

4

4

4

3,7

Qué materia che gusta mais?

L. Cast. / Biol.

Mat.

Mat.

FQ

Mat.

FQ

 

Qué materia che gusta menos?

Hist.

Plást.

C.Clás. / EF

Plástica

Hist.

Ámb. L. Soc.

Qué clase che resulta más entretida?

C. Clás.

Plást.

Mat.

EF

Cult. Clás.

EF

Por qué? 

Aprendemos

historias antigas

 

 

Xogamos

Aprendemos

historias antigas

Xogos

en grupos

Actividades (horas á semana)

Cántas horas estudas na casa?

1

0,5

1

0

1

0

0,6

Cántas horas ves a TV?

1

1

3

2

3

1

1,8

Cántas horas xogas co ordenador?

1

0

2

1

0

0

0,7

Cántas horas escoitas música?

3

2

1

0,5

8

1

2,6

Cántas horas sales cos amigos/as?

5

2

4

6

10

5

5,3

Actividade de ocio preferida?

Danza moderna

cine

saír

saír

Banda música

saír

 

Actitude (1=nada; 2=pouco; 3=bastante, 4=moito)

Importancia da Física.

4

2

3

3

4

3

3,2

Importancia do ordenador

3

2

4

4

3

4

3,3

Que materia valoras mais?

Biol

Mat

Ámb. L. Soc.

Ámb. C. Tec.

FQ

Ámb. L. Soc.

Mat.

FQ

Ámb. L. Soc

 

 

Que materia valoras menos?

Tecnol.

Plast.

EF

Plást.

Plast.

Tecnol.

Plast.

Experiencia co ordenador (1=nada; 2=pouco; 3=bastante, 4=moito)

Uso do ordenador

2

2

4

4

2

3

2,8

Uso de Internet

3

3

4

4

2

3

3,2

Cres que podes estudar co ordenador?

3

2

4

4

3

3

3,2

Pódese aprender Física co ordenador?

3

2

4

4

3

3

3,2

Para que usas o ordenador con mais frecuencia?

msn

Buscar

 información

msn

musica

 traballos

msn

musica

traballos

msn

Buscar

información

 

 

Tes ordenador na casa?

non

si

 

 

si

 

 

Os resultados desta enquisa, aínda que o número de alumnos é reducido e que algunhas respostas non semellan ser correctas, indican que se trata dun grupo de alumnos pouco motivados para o estudo pero con grande interese en utilizar o ordenador como ferramenta de aprendizaxe. Curiosamente, gústanlle máis e valoran máis as materias de ciencias que as de letras, sen embargo, estas últimas son as clases que lles resultan máis entretidas. Os datos tamén parecen indicar que a maior parte do seu tempo está dedicado a saír cos amigos e amigas e que usan o ordenador con maior para chatear e, nalgúns casos, para escoitar música e buscar información.

 

 

Enquisa final: valoración dos alumnos sobre a experiencia con Newton

Alumno/a

1

2

3

4

5

6

Media

Instalacións (1=nada; 2=pouco;  3=bastante; 4=moito)

Espazo adecuado

3

4

4

4

3

4

3,6

Nº alumnos por ordenador

1

4

4

3

4

3

3,2

Funcionamento ordenador

3

4

4

4

3

4

3,6

Visión do monitor adecuada

3

4

4

4

3

4

3,6

Comodidade na clase

4

4

4

4

2

3

3,6

Observacións

 

 

 

 

 

 

 

Software (1=nada; 2=pouco;  3=bastante; 4=moito)

Funcionamento navegador

3

4

3

4

3

4

3,4

Facilidade de uso do navegador

3

4

4

4

3

4

3,6

Facilidade de uso das escenas

3

4

4

4

3

3

3,6

Liches as explicacións das páxinas?

3

4

4

3

4

3

3,6

Entendiches os enunciados das actividades?

3

4

3

3

3

3

3,2

Visualización das escenas

3

4

3

3

3

3

3,2

Entendiches o que había que facer en cada escena?

3

4

3

3

3

3

3,2

Observacións

 

 

 

 

 

 

 

Metodoloxía (1=nada; 2=pouco;  3=bastante; 4=moito)

Realizaches todas las actividades propostas?

si

si

si

si

si

si

 

Qué che pareceu mellor da aprendizaxe co ordenador?

escenas interactivas

 

 

 

 

 

Qué votaches de menos durante as prácticas?

nada

nada

explicacións

nada

nada

 

Resolviches as dúbidas?

si

si

si

si

si

si

Usaches o caderno de traballo para tomar apuntes?

si

si

si

si

si

si

Usaches o caderno de traballo para escribir as conclusións?

si

si

si

si

si

si

Metodoloxía por unidade didáctica (1=nada; 2=pouco;  3=bastante; 4=moito)

O método axudouche a aprender?

UD1

UD2

UD1

UD2

UD1

UD2

UD1

UD2

UD1

UD2

UD1

UD2

UD1

UD2

3

3

4

4

3

4

3

3

3

3

3

3

3,2

3,4

O método axudouche a entender os conceptos?

3

3

4

4

3

4

3

3

3

3

4

3

3,4

3,4

O método pareceuche adecuado?

3

3

4

4

3

4

3

3

3

3

3

3

3,2

3,4

Dificultades

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Actitude (1=nada; 2=pouco;  3=bastante; 4=moito)

Gustouche usar o ordenador?

3

4

4

4

3

4

3,7

Tiveches que consultar ao profesor?

2

3

2

2

2

2

2,2

Ten vantaxes aprender  con ordenador?

3

4

3

3

4

3

3,3

Ten inconvenientes aprender  con ordenador?

1

2

2

2

2

2

1,8

Aprendiches os conceptos traballados?

3

4

3

3

3

3

3,2

É mellor que a clase tradicional?

4

4

3

4

4

3

3,7

Traballaches mellor que na clase tradicional?

3

4

3

3

3

3

3,2

Gustaríache aprender a Física con Newton?

2

2

1

3

3

2

2,2

Observacións

 

 

 

 

 

 

 

Aprendizaxe co ordenador (1=nada; 2=pouco;  3=bastante; 4=moito)

Gustaríache usar o ordenador en clase de Física con outros programas?

3

4

2

3

4

4

3,3

Gustaríache usar o ordenador en outras clases?

4

4

3

4

4

2

3,5

Gustaríache usar Newton na casa para aprender Física?

2

2

2

2

1

1

1,7

Gustaríache usar Internet na casa para outras materias?

3

4

2

3

2

2

2,7

Observacións

 

 

 

 

 

 

 

 

Os resultados da enquisa indican un alto grao de satisfacción coa experiencia. Segundo as súas respostas, non tiveron moitas dificultades para aprender, consideran que a aprendizaxe co ordenador ten máis vantaxes que inconvenientes e que é mellor que a clase tradicional. Tamén se pode destacar a pouca aceptación que deron á idea de aprender na casa, aínda que sexa utilizando o ordenador e internet. Por último, valoran de igual maneira as dúas metodoloxías utilizadas.

 

 

RESULTADOS DAS PROBAS ESCRITAS.

 

 

Como pode apreciarse, as cualificacións son moito mellores na segunda unidade didáctica. Isto podería deberse a que materia da primeira unidade era menos accesible por ser máis abstracta e teórica, pero tamén debemos pensar na influencia do método de traballo utilizado na segunda unidade didáctica, onde o desenvolvemento foi máis dirixido polo profesor.

 

 

VALORACIÓN DA EXPERIENCIA.

 

A miña valoración xeral da experiencia é, sen dúbida, positiva. Considero que uso do ordenador na aula resultou ser unha ferramenta motivadora e moi útil. Do mesmo xeito, segundo indican os resultados das enquisas e as observacións e comentarios de clase, o alumnado aceptou moi ben esta forma de aprendizaxe, manifestando que traballou mellor que na clase tradicional.

En canto ao método de traballo, tendo en conta as observacións realizadas no desenvolvemento da experiencia e os resultados da avaliación final, considero que resultou máis eficaz o método aplicado para tratar o MRU onde o alumnado foi menos autónomo e o profesor dirixiu o desenvolvemento da unidade didáctica, fomentando a participación do alumnado e combinando diferentes recursos: presentación informática, encerado, caderno e escenas interactivas.