|
Materia continua.
No século V a. C.,
para filósofos gregos como Aristóteles, o proceso de división
da materia era
infinito, e dicir, a materia era continua, non existía o vacío, e o espazo entre os astros estaría
ocupado pola materia máis sutil e perfecta: o éter.
Átomos.
Polo contrario, outros filósofos gregos coma
Demócrito, afirmaban
que a materia só podería dividirse ata obter unha porción mínima non
divisible, chamada átomo ("non
divisible" en grego).
Certamente, estas
hipóteses non se contrastaban coa realidade. |
Os catro elementos.
Se prendemos lume
a un anaco de leña verde veremos que a savia interior fai burbullas,
emanan vapores e, finalmente, só
queda un po escuro.
Posiblemente, expemplos como o anterior levaron a
Empédocles a imaxinar a materia formada por
catro elementos: terra,
auga,
aire e
lume. As distintas
sustancias diferéncianse pola proporción de
cada elemento.

Aristóteles
negou a existencia dos átomos, pero recoñeceu a teoría dos catro elementos que, grazas ao seu prestixio, mantívose vixente no pensamento da humanidade durante 2000 anos.
|