A relación entre a forza resultante, que actúa sobre unha partícula ceibe e a aceleración conseguida por esta, é igual á masa inercial.

Isto expresámolo mediante a ecuación:

Se a forza resultante é nula, a aceleración que adquire a partícula é nula. Polo tanto, esta moveráse rectilineamente con velocidade constante ou permanecerá en repouso. Así podemos ver que a segunda lei de Newton contén a lei da inercia como un caso particular.

No caso de ter dous sistemas que se movan rectilineamente, e con velocidade constante, un con respecto ao outro, mecanicamente seranos imposible determinar cal dos dous está en repouso ou cal está en movemento. Esta afirmación constitúe o "PRINCIPIO DA RELATIVIDADE DE GALILEO".