PRACTICA 5

 

Nome e apelidos do profesor/a.

Adelino José Pose Reino

apose@edu.xunta.es

Centro educativo: Nome e localidade

IES "Xulián Magariños "­ Negreira

http://centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/

Grupo no que levou a cabo a experiencia: Características, nivel, número de alumnos/as.

2° bacharelato­Métodos Estatísticos e Numéricos­10 alumnos/as

Materia optativa

O alumnado do IES Xulián Magariños proceden de aldeas que rodean a vila de Negreira e tamén da propia vila, as familias son de clase media­baixa, de aí a dificultade que teñen algúns de poder ter un uso cotiá das TICS, este problema témolo case resolto no curso de Bacharelato dado que o longo do seu proceso de aprendizaxe o uso da informática no centro e algo habitual. En Métodos xa coñecen material didáctico multimedia e o uso da plataforma virtual etwinning.  Non todos dispoñen de ordenador na casa polos motivos antes indicados e só unhos/as poucos/as teñen conexión a Internet.

Obxectivos da experiencia.

  • Valoren a utilización das novas TICS como medios no aprendizaxe dos Métodos Estatísticos e Numéricos.

  •  Descubran novas utilidades dos medios informáticos.

  • Aprecien a idoneidade dos materiais Descartes  na asignatura.

  • Experimenten un cambio de conviccións respecto os procesos de aprendizaxe.

  • Tomen conciencia do seu protagonismo neste proceso.

  • Aumenten significamente os seus coñecementos estatísticos.

  • Desenrolen hábitos de traballo cooperativo

Contidos estatísticos aprendidos.

  1. Distinguir as distintas variables estatísticas.

  2. Diferenciar e representar os distintos gráficos estatísticos.

  3. Calcular as media, moda e mediana en variable continua e discreta para poucos datos.

  4. Calcular as media, moda e mediana en variable continua e discreta para datos dados en forma de táboa.

  5. Calcular as medidas de dispersión. Rango, desviacións respecto a media, desviación media, varianza e desviación típica.

  6. Sucesos aleatorios. Operacións con sucesos aleatorios

  7. Regresión e correlación. Coeficiente de correlación linear. As rectas de axuste

  8. Repaso da probabilidade (unidade de Descartes tercero de ESO).Definición axiomática de probabilidade. Probabilidade condicionada.Teorema da probabilidade Total. teorema de Bayes.

  9. A función de probabilidade. O aparato de Galton. Distribución Binomial. Distribución Normal e aproximación da Binomial pola Normal

Condicións das aulas de ordenadores e forma de uso.

Neste curso dispoñemos de dúas aulas de informática (unha con 20 ordenadores, impresora conectada en rede, proxector, encerado dixital, conexión a internet ADSL e outra con 15 ordenadores, sen encerado dixital e case sen calefacción) e para experimentación didactica a dispoñibilidade diaria é de 3 horas semanais, a aula mellor dotada esta prácticamente copada polas materias de Tecnoloxía e Informática da ESO, polo que teño que facelo combinando esta aula coa outra (exterior o centro), onde volvo repetir, os equipos quedaron un pouco obsoletos de todas formas xa o curso pasado para o proxecto etwinning faciamos o mesmo e funcionou ben, as follas de traballo que tiñan que realizar cas unidades de Descartes podíanse realizar nesta aula  se maiores dificultades e aínda que a conexión é mais lenta non entraña maiores dificultades.

Unidade Didáctica Descartes

A unidade utilizada na experiencia foi deseñada a partir de varias unidades Descartes traducidas o galego

index_alumnos.html

 

  Autor Adelino José Pose Reino
 
© Ministerio de Educación, Politica Social y Deporte. 2008