CURSO 2008-2009 Pedro Pazos García Departamento de Matemáticas |
I.E.S. Canido R/ Navegantes s.n. 15401 Ferrol – A Coruña
Tlf: 981352763 Fax: 981359386 ies.canido@edu.xunta.es |
Porcentaxes (Mª del Pilar Revelles Contraeras) Contesta no caderno, utilizando as esceas para resolvelos | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1.- Escribe en forma de fracción o 30%; 28% e repréntao de forma gráfica. 2.- Escribe no caderno: ¿Canto é o 30% de 200? 3.- Calcula as seguintes porcentaxes no teu caderno e logo comproba os resultados na escena.
4.- Enche a seguinte táboa no teu caderno utilizando a escena e contesta ás preguntas que seguen:
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
5.- Un traballador gañaba 1580 ? ao mes no ano 2005. ¿Canto gañará ao mes en 2006 se o soldo tivo unha suba do 2%? 6.- Calcula os seguintes aumentos porcentuais no teu caderno e logo comproba os resultados na escena (5).
7.- Unha familia come nun restaurante por 64 €?. ¿Canto terán que pagar se a ese valor se lle engade o 7% de IVE? 8.- Resolve os seguintes problemas de IVE no teu caderno e logo comproba os resultados na escena (6).
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
9.- No caderno: Hai un ano comprei un coche que me custou 8000 ?. Se o vendese agora daríanme un 35% menos do seu valor inicial. ¿Cal é o prezo actual do coche? 10.- Calcula as seguintes diminucións porcentuais no teu caderno e logo comproba os resultados na escena.
11.- Unha cadea musical custaba 800 ?, pero fanme unha rebaixa do 15%. ¿Canto debo pagar pola cadea? 12.- Resolve os seguintes problemas no teu caderno e logo comproba os resultados na escena.
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
O IVE MATEMATICAS NA VIDA COTIÁ (Fátima Cobo López) Contesta no caderno, utilizando as esceas para resolvelos | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Exercicio 1: Calcula o IVE dun CD que comprou María polo que pagou 17,4 € e o prezo da cal sen IVE era de 15 €.
Exercicio 2: Calcula o IVE que lle aplican a unha caixa de paracetamol que sen IVE ten un prezo de 1,50 € e con el de 1,61 €. Exercicio 3: O prezo dun artigo sen IVE é de 725 €. Se paguei 841 €. ¿Que porcentaxe de IVE me cargaron?. Exercicio 4: Utilizando esta mesma escena tamén podes resolver este problema considerando que o IVE non é mais que unha porcentaxe de aumento. A autoestrada A Coruña- Carballo no tramo Arteixo- A Coruña tiña unha peaxe de 50 pts ata o 31 de Decembro do 2001. O 1 de Xaneiro do 2002 o mesmo tramo custaba 0, 36 €. ¿Que porcentaxe subiu? |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Exercicio 5: Nunha tenda de moda comezan as segundas rebaixas:
a) ¿Qué artigo tivo un maior desconto?. ¿De canto? b) Calcula a porcentaxe de desconto correspondente a cada artigo. ¿Cal rebaixaron máis? ¿E menos? c) ¿Qué porcentaxe descontouse na 1ª rebaixa? ¿E na 2ª rebaixa? d) ¿En qué artigos foi maior o desconto na 1ª rebaixa?. ¿Que artigos tiveron un maior desconto na 2ª rebaixa?. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
AUMENTOS PORCENTUAIS POLO I.V.A. Exercicio 6: Por dúas horas de aparcamento no aeroporto Paco pagaría 2,52 € sen o IVE. O recibo marca un 16% de IVE. ¿Cantos euros pagará Paco? Exercicio 7: Julia invitou a cear a un restaurante aos seus amigos e amigas. A cea sen IVE ascende a 95 €. ¿Canto terá que pagar se o IVE é do 7%? Exercicio 8: ¿Canto terá que pagar María polo cartucho da súa impresora se este sen IVE custa 33,70 €? Exercicio 9: Juan vai a un hipermercado e compra unha lavadora que marca sen IVE 244,90 €. ¿Canto debe pagar pola lavadora se esta ten un 16% de IVE? Se ademais desexa que llesa leven á casa debe pagar un 5% máis polos portes. ¿En canto lle sairía entón? |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
O I.V.A. E o SEU PROCESO DE CALCULO. Exercicio 10: Un fabricante elabora un produto que vende a un almacenista en 240 €, sen impostos. O fabricante cobra ao almacenista un 7% de IVE. Despois, o almacenista vende o produto a unha tenda por valor de 300 € sen impostos. O almacenista cobra ao dono da tenda un 7% de IVE. O dono da tenda vende o mesmo produto ao público en 390 € máis o 7% de IVE. ¿Que cantidade supón o IVE de cada un?. ¿Que cantidade se paga de impostos en total?. a) ¿Qué cantidade de IVE cobra e ten que ingresar a Facenda o fabricante? É o ______% de ______ euros = ______ euros b) ¿Qué cantidade de IVE cobra e qué cantidade ha de ingresar a Facenda o almacenista? Calcula o IVE que cobra o almacenista: É o ______% de ______ euros = _______ euros O almacenista paga a diferenza entre o que cobrou de IVE e o que lle pagou por IVE ao fabricante: ________ - ______ = _____ euros c) ¿Qué cantidade de IVE cobra e qué cantidade ha de ingresar o dono da tenda? Calcula o IVE que cobra: É o ______ % de ______ euros = _____ euros O dono da tenda paga a Facenda a diferenza entre o que cobra de IVE e o que lle pagou de IVE ao almacenista: ______ - ______ = ______ euros d) ¿Cuánto cústalle ao comprador o produto? PVP + IVE = _____ euros e) Comprueba que o que paga o consumidor final de IVE coincide coa suma do que pagaron por ese concepto cada unha das tres persoas que interviñeron no proceso. IVE final = IVE fabricante + IVE almacenista + IVE tenda Exercicio 11: Con todo o que aprendiches podes resolver este problema no teu caderno: A peaxe da autoestrada A Coruña- Carballo no tramo Arteixo- Laracha custaba ata o 31 de Decembro do 2001 120 pts. O 1 de Xaneiro do 2002 custaba 0,72 €. ¿Que porcentaxe subiu?. O mesmo tramo a partir de Marzo do 2002 custa 0,81 €. ¿Que porcentaxe subiu dende Xaneiro?. ¿Que porcentaxe subiu dende Decembro do 2001?
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Volver |
Pedro A. Pazos García | |
© Ministerio de Educación e Ciencia. Ano 2008 | |